Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Feijóo pide unir o voto no PP para evitar que socialistas, populistas e nacionalistas se repartan os concellos

19 Mai 2019

19, maio, 2019. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, pediu o voto para o Partido Popular, xa que votar PSOE é votar Mareas e BNG nos gobernos dos concellos, polo que salientou que o único modo de evitar que estes partidos se repartan os concellos é votando aos candidatos do PPdeG.

Así, remarcou que a combinación de PSOE, Mareas e BNG ten como resultado a parálise, enfrontamentos e, tamén, máis impostos. E é que, tal e como incidiu,  o voto ao PSOE é o modo de que estes partidos continúen, xa que lles vai brindar o seu apoio.

 

Por iso, Feijóo dixo que o voto do cambio aos gobernos tripartitos é o PP, o voto para gobernos de maiorías, polo que propuxo que todos os votantes de centro e de dereita únanse nestas eleccións para evitar o que pasou nas pasadas Xerais: ter un presidente do goberno que dez millóns de votantes non querían.

 

SÓ HAI UN PP EN RIBEIRA: O PP DE MANOLO RUIZ

Durante un mitin en Ribeira, onde estivo acompañado polo presidente nacional do PP, Pablo Casado, Feijóo salientou que para que este municipio siga transformándose e modernizándose hai que votar ao PP e a Manolo Ruiz, porque, tal e como subliñou, coa división do voto Ribeira sufrirá a parálise dos nacionalistas e da esquerda. Por iso, avogou por non volver cometer o erro das Xerais dando por feito que hai partidos que apoiarán ao PP, cando o único que lles interesa son eles mesmos. Así, incidiu en evitar enganos, xa que só hai un xeito de que goberne o PP, votándoo, e só hai un PP en Ribeira: o PP de Manolo Ruiz.

 

Neste senso, destacou que é o mellor alcalde para Ribeira, xa que cre e quere a este concello por riba de todo e fará que continúe crecendo.

 

O líder do PPdeG recalcou que Ribeira estivo presente nos plans do Goberno galego, así referiuse á autovía do Barbanza, á reforma integral do Hospital do Barbanza, á lonxa, así como tamén a importantes investimentos no sector pesqueiro. Do mesmo xeito, dixo que seguirá apostando por este concello con proxectos novos: a travesía de Palmeira, a variante de Ribeira, a remodelación e ampliación dos portos da zona e a mellora do Colexio de Primaria e Infantil.

 

O VOTO DO CAMBIO EN NIGRÁN

“Mentres algúns partidos só esperan de Nigrán que sexa unha sucursal dócil de Vigo, hai unha lista que ofrece un proxecto propio, autónomo e de futuro”, recalcou Feijóo, durante un mitin neste concello. Por iso, sostivo que o futuro pasa polo cambio, que só pode ofrecer o PP e Carlos Abal. Un cambio, asegurou, para que non volva quedar máis da metade do orzamento sen gastar, para que o sector turístico poida rexurdir e para que a parálise deixe paso ás obras e ás melloras necesarias para a veciñanza.

 

Así, dixo que o obxectivo de Carlos Abal é que Nigrán volva a funcionar: “É necesario que nos unamos en torno a un proxecto ilusionante e de futuro, cun líder capaz e con traxectoria”.

Síguenos nas redes sociais