Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O PPdeG lembra que a extinción da Fundación das Colonias Escolares de Covelo é unha demanda realizada polo propio Padroado da entidade

14 Mai 2019

Santiago, 14 de maio de 2019.- O deputado do Grupo Popular Moisés Rodríguez lembrou hoxe no Parlamento que a extinción da Fundación das Colonias Escolares de Covelo, no concello pontevedrés de A Lama, “é unha demanda realizada polo propio padroado da entidade en 2018, que tamén acordou que os bens e dereitos resultantes da liquidación sexan destinados ao Concello, como entidade que representa aos veciños”.

 

Moisés Rodríguez explicou que a Fundación Padroado de Colonias Escolares de Covelo “non depende da Xunta, xa que era unha entidade privada xurdina na etapa do franquismo que nos últimos anos no estaba a desenvolver actividade algunha e non cumpría co previsto na normativa de fundacións de interese galego”.

 

USO DAS INSTALACIÓNS

 

“O acto administrativo acordado pola Consellería de Cultura non pode entenderse como un ataque aos veciños de Covelo, xa que só ratifica a petición de extinción solicitada polo propio Padroado da Fundación de Colonias Escolares”, indicou o deputado popular.

 

Neste sentido, Moisés Rodríguez apuntou que “o propio Concello de A Lama pode acordar con outras administracións públicas o uso das instalacións da extinta fundación”, criticando que os candidatos socialistas só que acordan desta entidade en período electoral.

Síguenos nas redes sociais