Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O Parlamento demanda unha campaña informativa sobre as consecuencias da mala xestión dos residuos na fauna mariña e nas embarcacións

03 Mai 2019

Santiago, 3 de maio de 2019.- O Grupo Popular apoiou hoxe no Parlamento a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a realizar unha campaña informativa sobre as consecuencias da mala xestión dos residuos tanto na fauna mariña como para a seguridade das embarcacións en augas interiores.

 

 

Neste sentido, o deputado Martín Fernández Prado lembrou que a Xunta desenvolverá este ano a sexta fase do plan de limpeza de dársenas, que suporá actuacións en 20 portos das tres provincias costeiras.

 

Fernández Prado lembrou que a Xunta “vén desenvolvendo desde 2013 programas de limpeza das dársenas galegas coa finalidade de impulsar peiraos sustentables a través da retirada de residuos dos fondos mariños, mellorar a seguridade das augas interiores e impulsar a protección da fauna mariña”.

 

De cara ao presente ano, as actuacións desenvolveranse nos portos de Ribadeo, Celeiro (Viveiro), Burela, O Vicedo, O Barqueiro, Espasante, Ortigueira, Mugardos, Barallobre, Cabo de Cruz, Portosín, Porto do Son, Sada, Fisterra, Malpica, Ribeira, Beluso (Bueu), Canido (Vigo), Baiona, Pedras Negras (O Grove), Combarro e Pontecesures.

Síguenos nas redes sociais