Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O PPdeG afirma que a causa do conflito das traballadoras do SAF de Forcarei “é totalmente allea ao Concello”

02 Mai 2019

Santiago, 2 de maio de 2019.- A portavoz de Asuntos Sociais do Grupo Popular, Marta Rodríguez Arias, asegurou hoxe que a causa do conflito coas traballadoras do servizo de axuda no fogar de Forcarei “é totalmente allea ao Concello, xa que é consecuencia da mala xestión da empresa concesionaria que provocou a súa quebra e a apertura dun concurso de acredores”.

 

Neste sentido, asegurou que “non é legal municipalizar este servizo” e subliñou que a Xunta “habilitou unha saída outorgando unha axuda económica aos usuarios, baixo a modalidade de libranza, para que poidan contratar directamente o servizo”.

 

Marta Rodríguez Arias lamentou “o grave prexuízo” que esta situación laboral estase a producir ao servizo de axuda no fogar de Forcarei pola mala xestión da empresa adxudicataria, que entrou en concurso de acredores polas débedas que adquiriu coa Seguridade Social polas 16 traballadoras deste concello, pero tamén polas 34 empregadas que a mesma empresa tiña en Silleda.

 

Diante desta situación, o Concello de Forcarei convocou un novo concurso público o pasado mes de xaneiro co compromiso de pago á nova empresa concesionaria do prezo por hora máis elevado da provincia. “Porén, a situación concursal na que se atopaba a anterior concesionaria e os conflitos que tiña coas traballadores motivaron que este novo concurso quedara deserto, xa que ningunha empresa quere asumir as débedas herdadas polas tributacións non realizadas tanto en Forcarei como en Silleda”, explicou.

 

É ILEGAL CONVERTER AS TRABALLADORAS EN FUNCIONARIAS

 

A portavoz popular apuntou que “a reclamación para converter en funcionarias ás traballadores do servizo de axuda no fogar en Forcarei non é legal, nin tampouco se lle pode obrigar a ningunha empresa a aceptar o concurso”. Deste xeito, o Concello “viuse abocado a ter que suspender temporalmente o servizo, buscando distintas solucións para os usuarios e agardando a que o xulgado determine a solución ao concurso de acredores e ao ERE extintivo cos posibles despidos”.

 

Rodríguez Arias sinalou que, mentres non se resolva este conflito e se recupere o servizo municipal de axuda no fogar, “a Xunta xa habilitou unha saída e outorgará unha axuda económica aos usuarios de Forcarei, baixo a modalidade de libranza, para que contraten directamente o servizo”.

Síguenos nas redes sociais