Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Feijóo avoga por un goberno que cree emprego, que garanta as pensións e que invista en Galicia

21 Abr 2019

21, abril, 2019. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, avogou por un goberno que sexa garantía de xestión: que axude a crear emprego, que garanta o cobro das pensións e que crea e invista en Galicia. Neste punto, o líder do PPdeG recalcou que o Partido Popular é a única garantía de avance e o único valor seguro xestionando as dificultades. Así, pediu o voto para o crecemento, para o emprego, pola responsabilidade e pola xestión.

E é que, tal e como indicou, Pedro Sánchez non ten solucións para os problemas de España: o desemprego, o pago das pensións, a alerta por unha desaceleración ou as diferenzas en infraestruturas entre territorios. E apuntou que estes problemas non se arranxan co PSOE, que sempre deixa a España con máis desemprego e que elaborou un orzamento no que a Galicia foi a comunidade á que máis lle baixou o investimento. Do mesmo xeito e segundo salientou, España non se pode permitir durante catro anos a frivolidade de Pedro Sánchez nin as esixencias de Podemos nin as peaxes de nacionalistas e independentistas.

 

Feijóo advertiu que canto máis independentismo menos rural galego, menos Galicia e menos España. Así, sinalou que en España segue a haber un problema de desigualdade no acceso aos servizos públicos e un financiamento autonómico que esquece aos veciños dos pequenos concellos, que foi o que pactou, precisamente, o PSOE cos independentistas cataláns.

 

UN GOBERNO QUE GOBERNE

Durante un mitin en Vilagarcía, o presidente dos populares galegos subliñou que o PP é o único partido que se está preocupando do que hai que facer ao día seguinte das eleccións: propoñer un goberno que goberne. Para iso destacou que ten ideas, proxecto, propostas, experiencias e equipos; algo do que evita falar o PSOE, porque quedarían ao descuberto todas as súas carencias, e o resto de partidos, xa que o seu único obxectivo é influír ou mandar sen gobernar.

Síguenos nas redes sociais