Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Feijóo pide o voto para o PP porque é o único que coñece e cre no rural galego e quere enchelo de investimento

15 Abr 2019

15, abril, 2019. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, pediu esta tarde o voto para o Partido Popular porque é a única formación que coñece e cre no rural galego, apostando por enchelo de investimento.

 

Deste xeito se expresaba nun mitin celebrado en Celanova, no que asegurou que, a diferenza doutros partidos que só o visitan en campaña “como se fixeran turismo exótico”, o PP “está, vive e cre no rural”, tendo un compromiso con el porque está na súa esencia.Igualmente, lembrou que o rural está presente no Goberno galego e que os populares queren que taméno estea nos Consejos de Ministros xa que non hai Galicia sen o rural galego,e non hai España e non pode haber goberno de España con partidos sen programa para o rural.

 

Ademais, Feijóo afeou que se fale de “España vacía ou España vaciada”, xa que, tal e como apuntou, no rural hai veciños que merecen toda a atención dun Goberno que ten que ser de todos os españois e ten que estar tamén o Goberno de España, ao tempo que incidiu na necesidade de investir no rural, algo que non se acada con orzamentos que castigan a Galicia, como fixo o PSOE, baixándoo un 30% mentres o subía noutros lugares un 60%.

 

Nese senso, o presidente lamentou que haxa partidos que non vexan máis aló de Madrid ou Barcelona, como Podemos, que cree que o rural galego é o céspede dos xardíns da Complutense; Ciudadanos, que só emprega o AVE Madrid-Barcelona e por iso tantas veces estivo en contra da alta velocidade para Galicia; VOX, para o queFinisterre é o tunel do Guadarrama, o PSOE, que está entregado aos partidos cataláns dos que depende o seu goberno e polo que non ten tempo a dedicarse ao rural; e ata os nacionalistas, que non teñen unha sola idea orixinal e copian todo o que fagan os independentistas doutros lugares.

 

O PP, DIFERENTE DO RESTO DE PARTIDOS

Durante a súa intervención, Feijóo puxo en valor as diferenzas entre o PPdeG con aquelas formacións que se presentan en Galicia como quen abre unha franquicia.Segundo remarcou, os populares teñen equipos, ideas e propostas para cada lugar, ademais de coñecer cada un dos concellos, sen necesidade de ter que fichar á desesperada.

 

Así mesmo, subliñou que os populares queren a Galicia, sentíndose galegos e españois, e valoran a nosa terra, o esforzo da súa xentee cada paso que se deu xuntos nos momentos máis complexos. “Valoramos a importancia que tivemos, temos e teremos en España”, manifestou. E destacou que o voto para o Partido Popular é o que garante quea nosa Comunidade teña a importancia que merece en España e o que soluciona os seus problemas, á diferenza de Pedro Sánchez, que leva dez meses ignorando os intereses reais de Galicia.

 

O presidente dos populares galegos fixo fincapé en que, mentres uns partidos  queren que España se pareza a Madrid ou a Barcelona, o PPdeG propón que España se pareza máis a Galicia, que conta cun goberno que goberna, que xestiona, que é responsable, que valora a cordialidade e que ten como vocación a unión da sociedade galega.

Síguenos nas redes sociais