Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O Parlamento demanda ao Goberno do Estado e ao Congreso que establezan unha definición de vivenda baleira

01 Abr 2019
Santiago, 29 de marzo de 2019.- O Grupo Popular apoiou hoxe no Parlamento a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se solicita que desde o Goberno do Estado ou desde o Congreso se introduza na normativa básica estatal a definición e delimitación de vivenda baleira, de xeito que se posibilite a aplicación polos concellos dos recargos que prevé a Lei reguladora de facendas locais.
 
No caso de que nos seis meses posteriores á formación do novo Goberno do Estado non se aprobe tal delimitación, solicítase que a Xunta presente nos dous meses seguintes un proxecto de lei de modificación da Lei de vivenda para concretar a definición de vivenda baleira.
 

 

 

O deputado popular Jaime Castiñeira manifestou que “a existencia de vivendas baleiras nas cidades e vilas de Galicia, especialmente alí onde a demanda é maior, é unha preocupación común tanto da Xunta de Galicia como do Grupo Popular”.
 
 
 
 
MEDIDAS DESDE A XUNTA
 
 

 

Porén, criticou que “mentres a Xunta crea e pon a disposición dos concellos ferramentas como o programa de vivendas baleiras, con incentivos aos propietarios para que as saquen ao mercado de alugueiro a prezos razoables, desde os grupos da oposición como En Marea só se preocupan por sancionar aos propietarios de ditas vivendas a través da imposición do recargo no IBI”.
 
 


“Desde o Grupo Popular opoñémonos ao establecemento destes recargos do IBI, e consideramos que debe ser o Goberno do Estado o que estableza a definición de vivenda baleira para toda España, evitando diferenzas entre as comunidades autónomas”, manifestou.

Síguenos nas redes sociais