Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Aprobado en Comisión o ditame da Lei de rehabilitación e rexeneración urbana, paso previo para o seu debate definitivo en Pleno

01 Abr 2019
Santiago, 29 de marzo de 2019.- A Comisión 2ª do Parlamento galego aprobou esta mañá o ditame do proxecto de Lei de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia, trámite previo á súa aprobación definitiva en sesión plenaria.
 
O portavoz de Vivenda do Grupo Popular, Jaime Castiñeira, afirmou que esta nova norma será de aplicación nos núcleos urbanos e rurais dos 313 concellos de Galicia, non só nos cascos históricos, facilitando a recuperación do construído e a protección; fomentando a cultura da rehabilitación; impulsando a dinamización económica, social e demográfica; e compatibilizando a protección do patrimonio coa mellora das condicións de habitabilidade e a eficiencia enerxética”.
 
 

 

En concreto, Jaime Castiñeira indicou que a nova lei incorpora medidas orientadas a facilitar as intervencións públicas; á coordinación entre administracións para axilizar os procedementos, a viabilidade das actuacións e garantir a protección do patrimonio; a impulsar a participación dos particulares nos procesos de rehabilitación e rexeneración urbana, con programas de financiamento das actuacións; facilitar a accesibilidade e a eficiencia enerxética dos edificios; e establece mecanismos de axuda para que as persoas propietarias cumpran os seus deberes de rehabilitación.
 
 

 

“Esta nova lei non desprotexe, senón que pon especial acento na protección dos valores que se teñen que conservar de acordo coa Lei do patrimonio cultural, pero permite axilizar as actuacións que non afecten a elementos especificamente protexidos”, sinalou. Deste xeito, apuntou que “constitúe unha ferramenta para que os concellos axilicen estas actuacións, ben sexa a través da modificación simplificada do planeamento ou a través de licenzas directas”.
 
 

 

ÁREAS REXURBE
 
 

 

Castiñeira salientou a creación das áreas Rexurbe de interese autonómico, dirixidas á núcleos históricos catalogados como ben de interese cultural que se atopen especialmente degradados ou outros que pola súa singularidade e o seu deterioro precisen dunha especial actuación. Ademais, dentro destas áreas Rexurbe “créanse as zonas de especial necesidade de rehabilitación, para intervencións urxentes ou para facilitar a instalación de dotacións ou equipamentos que teñan unha especial relevancia”, sinalou.
 
 


Así mesmo, a lei establece o Plan de Dinamización como un instrumento de planificación estratéxico e imprescindible para o éxito no ámbito a desenvolver. A través deste plan, analizarase a zona de actuación desde unha perspectiva económica, arquitectónica, patrimonial comercial, social e de perspectiva de xénero.

Síguenos nas redes sociais