Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O Parlamento insta á Xunta a colaborar cos concellos na recollida e transporte dos plásticos de orixe agrícola

29 Mar 2019
Santiago, 28 de marzo de 2019.- O Grupo Popular apoiou hoxe no Parlamento a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se insta á xunta a estudar a implantación de medidas para colaborar cos concellos na recollida e transporte dos plásticos de orixe agrícola, así como a facer unha campaña de concienciación entre gandeiros e agricultores para aumentar o volume de plástico que se está a recoller para a súa axeitada xestión.
 
 

 

O deputado do Grupo Popular Carlos Gómez Salgado explicou que a Consellería do Medio Ambiente “xa está estudando a fórmula para poñer en marcha medidas de colaboración cos concellos na recollida e transporte de plásticos de orixe agrícola e neste momento estanse avaliando as distintas posibilidades para a xestión deste tipo de residuos”.
 

 

 

PROGRAMA DESDE 2005
 
 

 

Neste sentido, Gómez Salgado lembrou que “xa no ano 2005 a Xunta puxo en marcha un programa de recollida de plástico agrícola, cuxos obxectivos pódense considerar cumpridos logo de que se conseguira mudar hábitos de conduta por parte dos agricultores e gandeiros, e se implantara un sistema no que a iniciativa privada fose substituíndo progresivamente á administración”.
 

 


Porén, explicou que “a responsabilidade da correcta xestión dos residuos correspóndelle aos produtores, que son os que deben asegurar o tratamento adecuado destes residuos”. “A Xunta seguirá levando a cabo accións que contribúan á consecución dos obxectivos que se establecen na lexislación ambiental e nos plans de xestión de residuos”, engadiu.

Síguenos nas redes sociais