Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Tellado cre que o PPdeG segue sumando e ilusionando fronte a unha esquerda que cada día decepciona a máis xente

15 Mar 2019

15, marzo, 2019. O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, asegurou que, despois de 10 anos de goberno, o PPdeG  segue “sumando e ilusionando fronte á decepción que causa a esquerda dunhas Mareas e un PSdeG que xa nin os seus recoñecen, e dun BNG ao que xa se lle marchou case todo o mundo”. 

 

Así se expresaba tras avanzar que o partido prepara para o vindeiro fin de semana un acto ao que están convocados máis de 500 novos afiliados que nos últimos meses se deron de alta no PP para facerlles entrega dos seus carnés, un evento no que previsiblemente estarán presentes tanto o presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, coma o presidente nacional e candidato á presidencia do Goberno, Pablo Casado.

 

Nese senso, reivindicou a capacidade do Partido Popular de Galicia de seguir atraendo xente todos os días, “persoas con talento e con ganas de poñer tempo, traballo e esforzo ao servizo desta causa, na meirande parte de ocasións sen pedir nada a cambio, para mellorar a sociedade na que vivimos”.

 

“Este partido segue a ser o que máis se parece a Galicia, o que mellor representa aos galegos e, polo tanto, o que ten maior capacidade de atraelos ás súas filas”, afirmou indicando que isto é o que fai aos populares estar mellor preparados ca ninguén para os dous procesos electorais que están en marcha e o que lles permite que a súa mensaxe chegue “ata ao último recuncho da nosa terra”, tras meses “poñendo a maquinaria a punto, ata tela en perfecto estado de revista, como se atopa hoxe”.

 

O PP OFRECE SOLUCIÓNS E A OPOSICIÓN SÓ APORTA DIVISIÓN

Durante a súa intervención en rolda de prensa, o número dous do PPdeG tamén sinalou que hoxe, que remata o prazo para inscribir as coalicións coas que concorrer aos comicios xerais, as Mareas poden demostrar que xa non están unidas nin para ir ás eleccións, engadindo que os populares denunciaron en moitas ocasións que os seus membros non empregaban un só minuto en abordar os problemas de Galicia.

 

Con este panorama, Tellado admitiu que “a esquerda galega preséntase ao vindeiro 28 de abril ofertando unhas Mareas de Podemos divididas e sen capacidade de propoñer nada útil a Galicia, un PSdeG que validou e apoiou todos os agravios que cometeu Pedro Sánchez nestes meses coa nosa Comunidade, e un BNG que está pedindo o voto para sumar con Esquerra e con Bildu”.

 

Segundo destacou, todo isto demostra que “o único partido que se presenta centrado en atender os intereses de Galicia e dos galegos é o Partido Popular”, xa que a diferenza do PP, o resto de formacións non dedicaron tempo nin a fortalecerse, nin a ensanchar a súa base social, nin a traballar por solucionar os problemas dos galegos.

Síguenos nas redes sociais