O Grupo Popular destaca que a Comisión do Marisquiño demostrou que “Caballero minte ao afirmar que o festival contaba con todos os permisos”

12 Feb 2019

Vigo, 11 de febreiro de 2019.- O portavoz do Grupo Popular na Comisión de Investigación sobre o accidente do Marisquiño, Alberto Pazos, fixo hoxe en Vigo un balance das comparecencias que se celebraron ata o momento nesta comisión parlamentaria e subliñou que as intervencións de técnicos municipais demostraron que “Abel Caballero minte ao afirmar que este festival contaba con todos os permisos necesarios”.

 

 

Neste sentido, Pazos, que estivo acompañado polas deputadas autonómicas viguesas Teresa Egerique e Marián García, indicou que “hoxe sabemos que só se tramitaron as autorizacións do descenso en bici e dos concertos”.


 
“Hoxe sabemos que nin o skateboarding, nin o BMX, nin o Dirt Jump, nin o Basket 3x3, nin o break dance, nin o FMX, nin a zona de graffiti contaban coa necesaria licencia. E hoxe tamén sabemos que tampouco se tramitaron os permisos municipais para os circuítos de competición, nin para as carpas, nin para os postos de restauración, ni tan sequera para as gradas do público”, afondou.


 
Unha “gravísima circunstancia” que, como expuxo Pazos, “no foi froito dun erro ou dun esquecemento”, como explicou textualmente o enxeñeiro da Área de Seguridade do Concello de Vigo: “En canto a que non está autorizado o evento, está autorizado o que solicitaron, concerto e descenso en bici polo Casco Vello”.


 
O portavoz popular na comisión de investigación indicou que, ante esta resposta, se lle preguntou ao enxeñeiro se non lle tiña chamado a atención este feito, ao que tamén textualmente respondeu: “A min tamén me chocou, e o consulteo á Xefatura de Seguridade. Me teñen solicitado soamente isto e eu recibín instrucións claras para que informara só o que teñen solicitado”.


 
Neste marco, Pazos lamentou que o Goberno local no tivera tomado “ningunha medida para clarexar este tema”. “Non entendemos que, sabendo que se vai celebrar un evento de 40.000 asistentes diarios, o Concello sexa capaz de mirar para outro lado e manter unha actitude tan irresponsable como a de non realizar as mínimas comprobacións”, lamentou.


 
COMPROBACIÓN DOUTROS EVENTOS

 

Unhas comprobacións que, como detallou Alberto Pazos, si que se realizaron en anteriores eventos, nos que se examinou a capacidade de carga dos espazos, como tamén informou o mesmo funcionario municipal. “¿Por que non se fixo neste caso?”, cuestionouse o portavoz popular, sinalando que a Lei de Espectáculos de Galicia é “moi clara” ao determinar que “é o concello o que ten que realizar as comprobacións sexa quen sexa el titular do terreo”.


 
Deste xeito, resaltou que o que se afundiu “non foi un peirao”, senón o antigo aparcamento do Náutico, cuxa concesión rescatouse para ser incorporada ao proxecto ‘Abrir Vigo ao Mar’, integramente entregado ao Concello de Vigo para “o seu goce, mantemento e conservación”. “Ese proxecto chámase hoxe Paseo das Avenidas, e é de responsabilidade municipal desde os seus cimentos ata o alto da última farola”, engadiu.


 
Diante de toda esta documentación, Alberto Pazos confiou que o goberno local “deixe de esconderse detrás de cortinas de fume e de informes técnicos de dubidosa legalidade, solicitados ad hoc a un goberno amigo”. Así, lamentou o “boicot socialista ao Parlamento galego”, sinalando que hai máis de 60 antecedentes nos dous últimos años de comparecencias de distintos concelleiros en Madrid, Valencia ou Murcia. “O xoves teremos a oportunidade de comprobar se existe un cambio de actitude”, concluíu. 

Síguenos nas redes sociais