O Parlamento demanda que Xunta e Concello de A Estrada ubiquen a base da ambulancia e do seu persoal nunha zona anexa ao novo centro de saúde

06 Feb 2019
Santiago, 6 de febreiro de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e En Marea, unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a iniciar os trámites necesarios en colaboración co Concello de A Estrada para a ubicación dunha base para ambulancia do 061 e para os seus traballadores nunha zona anexa ao novo centro de saúde en construción.
 
 

 

A deputada popular Encarna Amigo lembrou que na actualidade a Xunta está a construír o novo centro de saúde de A Estrada, por un importe próximo aos 4 millóns de euros. “Porén, non se contempla un espazo anexo a estas novas instalacións sanitarias que poida acoller a base da ambulancia do 061, polo que consideramos necesario que Xunta e Concello analicen as posibilidades existentes para habilitar estas instalacións”, indicou.
 
 
 
HABILITAR ESPAZO NECESARIO
 
 

 

Amigo explicou que “a base da ambulancia sitúase no mesmo edificio que o centro de saúde sempre que o centro dispoña de espazo suficiente e non interfira coa labor asistencial do mesmo”. “De nos poder ser así, búscase a localización máis preta posible ao centro de saúde”, dixo.
 
 


“Na actualidade, a base da ambulancia de A Estrada está situada a cinco minutos do centro de saúde, pero consideramos que estaría mellor a carón destas novas instalacións, polo que demandamos que Xunta e Concello valoren a posibilidade de habilitar o espazo necesario”, sinalou.

Síguenos nas redes sociais