Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O PPdeG asegura que a tarifa eléctrica galega do BNG “sería un mal negocio para os galegos porque perderíamos 300 millóns de euros cada ano”

29 Xan 2019
Santiago, 29 de xaneiro de 2019.- A portavoz de Enerxía do Grupo Popular, Marta Nóvoa, incidiu hoxe no Parlamento que a proposta de tarifa eléctrica galega defendida polo BNG “sería un mal negocio para os galegos porque perderíamos máis de 300 millóns de euros ao ano, é insolidaria co resto de España e excede as competencias da Comunidade galega, porque a regulación enerxética é competencia do Estado”.
 
“É necesario desenvolver medidas que abaraten os prezos da electricidade, pero non axuda o peche das centrais térmicas, nin das centrais nucleares que hai noutras comunidades autónomas, nin elevar as primas ás renovables, nin subir impostos ao diésel ou prohibir a venta de vehículos que non sexan eléctricos” como pretende facer o actual Goberno socialista, sinalou Nóvoa.
 
 

 

Na súa intervención, a portavoz popular ironizou sobre “a enésima temporada ou o capítulo 900 da serie sobre a tarifa eléctrica galega que o BNG trae a este Parlamento”. “Comezan a resultar tediosos e fronte a iso o Grupo Popular ten como máxima a coherencia”, apuntou.
 

 

 

“A desconexión eléctrica de Galicia co resto de España sairía moi cara para os galegos”, sinalou Marta Nóvoa, quen lembrou que “dixérono todos os expertos que compareceron na tramitación da iniciativa lexislativa popular sobre este mesmo tema que debatemos hai ano e medio neste Parlamento, a excepción do que fora deputado do BNG que defendeu a proposta”.
 

 

 

DESPILFARRO SOCIALISTA
 
 

 

Nóvoa manifestou que “Galicia xera máis enerxía da que consume, pero en contraposición a nosa rede de transporte e distribución é infinitamente máis cara que a doutras comunidades”. Ademais, sinalou que esta situación é consecuencia de que “o anterior Goberno socialista de Zapatero despilfarrou enchendo de primas as renovables, créditos que seguimos e seguiremos pagando durante 20 anos pero que a Comunidade galega aproveitou para crear enerxía renovable que agora axuda a ser exportadora”.
 

 

 

A portavoz de Enerxía engadiu que a proposta de tarifa eléctrica galega tamén “é insolidaria co resto de España”, referíndose ao último balance enerxético publicado por Red Eléctrica en 2017 no que se pon de manifesto que Galicia quedaría nun sétimo lugar en relación á enerxía que xera fronte á que consume, cun balance positivo dun 132 por cento pero por detrás doutras comunidades moito máis exportadoras como Extremadura, as dúas Castelas, A Rioxa, Aragón e Asturias.
 

 

 

REGULACIÓN ARMONIZADA E XUSTA
 

 

 

“Pero, ademais, a proposta nacionalista de tarifa eléctrica galega excede as competencias que temos como autonomía”, asegurou. Neste sentido, explicou que “Galicia é unha comunidade autónoma que pertence ao Estado español e a regulación enerxética é estatal, e por ser un servizo de interese económico xeral ten unha regulación armonizada e o máis xusta posible”.
 
 

 

Marta Nóvoa lamentou que “non queda máis remedio que ser escravos dun pasado irresponsable dun Goberno socialista que provocou o maior buraco no sector eléctrico da historia”. En concreto, dixo que “o déficit de tarifa do sector eléctrico no ano 2004 era de pouco máis de 1.500 millóns de euros, pero en 2011 cando o señor Zapatero deixou o goberno era de 30.000 millóns de euros”.
 

 


Diante desta situación, Nóvoa alertou de que “novas decisións irresponsables poden volver incrementar este déficit de tarifa, logo de que no último decreto aprobado polo Goberno socialista de Pedro Sánchez se volva a incorrer no erro despois de tres anos de contelo co Goberno de Mariano Rajoy”.

Síguenos nas redes sociais