Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O Grupo Popular demanda a Caballero que se sume á reclamación conxunta de Galicia, Asturias e Castela e León polo corredor atlántico ferroviario

29 Xan 2019
Santiago, 25 de xaneiro de 2019.- O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, criticou hoxe “o desprezo co que o secretario xeral dos socialistas galegos valorou o acto celebrado esta mañá en Santiago no que máis de 150 persoas da política, a economía e a sociedade de Galicia, Asturias e Castela e León, entre as que mesmo figuraban o presidente do seu partido en Asturias, o seu portavoz no Parlamento galego ou o presidente socialista da Fegamp, no que se reclamou fondos para impulsar o corredor atlántico ferroviario”.
 
 
“O que debería facer o señor Caballero é sumarse a esta reclamación conxunta das tres comunidades autónomas e demandar do seu Goberno amigo que destine fondos e fixe prazos para mellorar as comunicacións ferroviarias no noroeste peninsular”, indicou.
 
 

 

Martín Fernández demandou a Caballero que “deixe de dar paos de cego para defender a toda costa ao Goberno central socialista e mire algo polos intereses de todos os galegos, tanto neste caso a través da mellora do corredor atlántico ferroviario de mercadorías como sumándose á reivindicación dunha mellora do proxecto de lei de orzamentos, lamentables para Galicia ao rebaixar un 26 por cento a contía dos investimentos territorializados previstos”.
 
 

 

TOMAR NOTA DO PRESIDENTE DE ASTURIAS
 

 

 

“O señor Caballero debería tomar boa nota do Presidente socialista de Asturias que, lonxe de miras partidistas, está a buscar o mellor para os asturianos desde a cooperación e lealdade con outras comunidades autónomas, aínda que non sexa da súa mesma cor política”, indicou. Neste sentido, lamentou “o menosprezo co que o secretario xeral dos socialistas galegos trata ao Presidente de Asturias, alegando que está pechando o seu ciclo político e sen recoñecer o respaldo que lle deron milleiros de asturianos desde 2012 e que incluso chegou a ser o Presidente da Comisión Xestora do PSOE logo  da espantada de Pedro Sánchez en outubro de 2016”.
 
 

 

O portavoz de Infraestruturas demandou que “os socialistas galegos, co seu secretario xeral á cabeza, se sumen a esta entente entre os gobernos de Galicia, Asturias e Castela e León para conseguir que o noroeste peninsular goce dun ferrocarril moderno e adaptado ás necesidades da sociedade actual, para o que fai falta un investimento superior aos 3.000 millóns de euros e, por suposto, o compromiso do Goberno central para levar adiante estas actuacións”.
 

Síguenos nas redes sociais