Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O Parlamento pide que a Xunta dinamice a participación da sociedade en tarefas de protección civil

23 Xan 2019
Santiago, 23 de xaneiro de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a dinamizar a participación da sociedade en tarefas de protección civil a través de campañas de promoción do voluntariado, de captación de novos membros e da promoción do recoñecemento social e institucional do labor deste persoal voluntario.
 
 

 

A deputada popular Maribel Novo asegurou que “a Xunta aposta decididamente polas agrupacións de voluntarios de protección civil, e froito deste apoio é o rexistro histórico de 233 entidades activas repartidas por todo o territorio galego, cunha formación profesionalizada e un saber facer en protección civil e emerxencias demostrado ao longo destes anos en innumerables intervencións”.
 

 

 

ELEMENTO COLABORADOR
 
 

 

“Pero, ademais, a poboación en xeral ten que ser un elemento colaborador tanto na prevención de riscos como na mesma emerxencia para que sexa un factor activo”, sinalou a deputada popular, quen apuntou que “nese ámbito o voluntariado, ademais de actuar nesa liña, é unha persoa implicada, profesional e organizada”.
 
 


Maribel Novo indicou que as actuacións de protección civil “non se poden ver limitadas a meros accidentes, senón que van máis aló como intervencións de grave risco, catástrofes ou grandes eventos de afluencia masiva”. “Por este motivo, os dispositivos non só deben estar preparados para as pequenas emerxencias, senón que debemos ter equipos preparados ao servizo de calquera gran emerxencia, pois o futuro é seguir mellorando os servizos e garantindo a seguridade dos cidadáns”, manifestou.

Síguenos nas redes sociais