Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O PPdeG asistirá á Convención de Madrid cunha ampla delegación para traballar no refortalecemento ideolóxico do partido

18 Xan 2019

18, xaneiro, 2019.  O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, asegurou esta mañá que o PPdeG asistirá á Convención de Madrid cunha ampla delegación e coa idea de traballar no refortalecemento ideolóxico do seu partido.

 

Cunha delegación que supera as 160 persoas, os populares de Galicia contarán cun papel destacado nesta convención posto que na inauguración participará o líder do partido, Alberto Núñez Feijóo, en calidade de coordinador do conclave; e, na clausura, farao o presidente nacional de Nuevas Generaciones e ex presidente de NNXX, Diego Gago.

 

Respecto ao papel de Feijóo, Tellado destacou “o orgullo que representa para os galegos ser designado para intervir na apertura da Convención e, polo tanto, para axudar a establecer o posicionamento político do partido”.

 

Pola súa parte, os candidatos do partido nas capitais de provincia -Beatriz Mato, Ramón Carballo, Jesús Vázquez e Rafael Domínguez- tamén terán protagonismo na xornada do sábado así como a oportunidade de explicar algunhas das claves dos seus proxectos na Coruña, en Lugo, en Ourense e en Pontevedra.

 

O número dous dos populares galegos tamén salientou que na súa intervención o presidente defenderá o importante legado de xestión do PP en concellos, deputacións, comunidades autónomas e mesmo no Executivo central, “ademais de reforzar o noso compromiso co Estado Autonómico e a nosa vocación de seguir sendo un partido de maiorías que faga de nós a principal alternativa de goberno ao tándem que forman socialistas e nacionalistas”.

 

Ademais, Tellado considerou un acerto a celebración dun evento que ten lugar case a medio camiño entre a moción de censura do pasado mes de xuño e as vindeiras eleccións municipais e europeas do próximo mes de maio, apostando por configurar un proxecto político que faga ao PP capitalizar o descontento existente co Goberno central.

 

Igualmente, o secretario xeral comprometeu o apoio do PPdeG para contribuír a que o partido sexa en España o que logrou ser en Galicia, onde é a forza política hexemónica e de referencia do centro dereita.

Síguenos nas redes sociais