Celso Delgado: "As contas do Goberno son unha afronta a Galicia por parte do PSOE e das Mareas de Podemos"

15 Xan 2019

15, xaneiro, 2019.  O deputado galego no Congreso, Celso Delgado,  afirmou que as contas que presentou onte o Goberno “son unha afronta para Galicia e para os galegos por parte do PSOE e das Mareas de Podemos”.

 

Como engadiu, trátase dunha afronta de Pedro Sánchez, que volve demostrar que Galicia non lle interesa nada; unha afronta dos socialistas galegos, que o ano pasado dicían que unha subida de un punto na inversión en Galicia era “nefasta”, pero van defender un recorte do 19%; e unha afronta das Mareas de Podemos, que dixeron que ían negociar unha axenda galega para apoiar estes Orzamentos”.  “Se a súa axenda era que Galicia perdese 163 millóns de euros, ben valía a pena que non negociasen nada”, dixo sinalando que non é admisible que se queiran desmarcar destes contas porque tamén son súas.

 

Así mesmo, Delgado sinalou que estes presupostos consagran a folla de ruta do Goberno socialista: unha subida masiva de impostos, que non pagarán só os ricos senón tamén as clases medias e familias con rendas modestas; e traerán máis déficit e máis débeda, xa que cando os ingresos son ficticios, xéranse buratos nas contas públicas –como aconteceu co bipartito-.

 

Tal e como lembrou, os populares galegos levan advertindo, desde que chegou á presidencia, que Sánchez só goberna para devolverlle os favores aos que lle puxeron nas mans as chaves da Moncloa pero “xamais poderiamos agardar que o presidente do Goberno se atrevese a poñer negro sobre branco este acto de entrega total ao independentismo catalán”. “Mentres os investimentos en Cataluña medran máis dun 50%, Galicia sufre un recortazo do 19%. Supoñemos que esa é a forma de Pedro Sánchez de comportarse cos partidos que lle cuspen aos ministros do seu Goberno”, lamentou.

 

Pola contra, Celso Delgado salientou que, cando o PP gobernaba con maioría absoluta, a media dos investimentos do Estado en Galicia rondaba o 13% do total estatal, mentres que agora, cun goberno socialista, baixa a menos da metade. De feito, recordou que en 2012, con Mariano Rajoy na presidencia do Goberno, a nosa Comunidade recibía unha inversión de 1.706,15 millóns de euros, unha cifra moi afastada dos 757,10 millóns de euros que obterá este ano.

 

DIFERENZA DE MODELOS

Ademais, o deputado destacou a diferenza entre dous modelos de gobernar, o do executivo central e o de Galicia, asegurando que “a diferenza entre un e o outro é que o presidente Feijóo sirve aos intereses de Galicia e dos galegos, mentres Pedro Sánchez sirve aos intereses do propio Pedro Sánchez”.

 

Así, “mentres Pedro Sánchez presenta un proxecto fóra de prazo que non sabemos se vai aprobar, aposta polo dieselazo que pagarán un millón de coches galegos, presenta uns ingresos inflados para aparentar cumprir o déficit e nos quita a todos para darlle a Cataluña; Galicia foi a primeira autonomía en ter un Orzamento en vigor, opta por baixar impostos, leva dez anos cadrando as contas e comeza a reducir débeda, e aposta polo reequilibrio territorial”, aseverou.

Síguenos nas redes sociais