Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O Grupo Popular demandará no Pleno que a Xunta traslade a Fomento unha proposta para reducir as peaxes na AP-9 e na AP-53

12 Dec 2018
Santiago, 12 de decembro de 2018.- O Grupo Popular defenderá no Pleno da vindeira semana unha proposición non de lei a través da que se demanda ao Goberno galego, ademais de que desenvolva as bonificacións horarias nas peaxes da súa titularidade, que elabore unha proposta de medidas para reducir o impacto das peaxes na AP-9 e a AP-53, dando traslado da mesma ao Ministerio de Fomento para que as valore e as negocie coa empresa concesionaria.
 
 
Así mesmo, tamén solicitará ao Concello de A Coruña a cesión de espazos no mercado de Santa Lucía para a construción dun novo centro de saúde no barrio de Falperra.
 

 

 

Ao remate da Xunta de Portavoces, Puy informou que o vindeiro martes terá lugar o Pleno para o debate e aprobación definitiva do proxecto de orzamentos da Xunta para 2019 e o proxecto de Lei de medidas fiscais e administrativas.
 

 

 

PLENO ORDINARIO
 
 

 

De seguido, terá lugar a celebración do Pleno ordinario, no que o Grupo Popular defenderá unha proposición non de lei a través da que se demanda ao Goberno galego que desenvolva as bonificacións horarias nas peaxes das autoestradas da súa titularidade: A Coruña-Carballo e Vigo-Baiona. O obxectivo é que os usuarios se poidan beneficiar canto antes destas reducións de tarifas e se dispoñan os recursos orzamentarios necesarios para a súa aplicación o vindeiro ano.
 

 


Así mesmo, solicítase que a Xunta elabore unha proposta de medidas para reducir o impacto das peaxes na AP-9, dándolle traslado deste estudo ao Ministerio de Fomento para que o valore e estude a súa implantación coa empresa concesionaria a curto prazo. Pídese, ademais, que se estude trasladar estas medidas de flexibilización de peaxes á autoestrada AP-53.

 
 
 
Por último, a proposición non de lei insiste en que o Ministerio de Fomento ratifique o compromiso adquirido polo anterior Goberno do PP de que as futuras obras na AP-9 non se financiarán con cargo a novas subas de peaxe, senón a través dos orzamentos do Estado, cumprindo á maior brevidade o compromiso de liberar a peaxe de Redondela.
 

 

 

CENTRO DE SAÚDE EN A CORUÑA
 
 

 

A segunda proposición non de lei do Grupo Popular vai dirixida á construción do novo centro de saúde no barrio de Falperra en A Coruña, en concreto no recinto do mercado de Santa Lucía. Por este motivo, solicítase ao Concello a cesión de espazos neste mercado que se axusten aos requirimentos necesarios para unha asistencia óptima para os futuros usuarios deste novo centro de saúde.
 
 


No apartado de preguntas ao Goberno galego, o Grupo Popular cuestionará sobre as medidas que está a adoptar a Xunta para contribuír a consolidar o esforzo en I+D+I que se vén realizando, principalmente a través do Plan Galicia Innova 2020; e sobre a situación na que se atopa o expediente e os prazos que manexa a Consellería de Sanidade para comezar as obras de remodelación do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol.

Síguenos nas redes sociais