Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

A Comisión 3ª aproba o ditame dos proxectos de Lei de orzamentos e de acompañamento, pendentes da súa aprobación definitiva no vindeiro Pleno

12 Dec 2018
Santiago, 11 de decembro de 2018.- A Comisión 3ª do Parlamento galego rematou esta tarde, coa aprobación do ditame, a tramitación tanto do proxecto de Lei de orzamentos da Xunta como do proxecto de Lei de medidas fiscais e administrativas, co que ambos textos quedan pendentes da aprobación na vindeira sesión plenaria para a súa entrada en vigor.
 
 

 

O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, salientou que “Galicia será a primeira comunidade que aproba os seus orzamentos para 2019, grazas á estabilidade institucional da que gozamos na Comunidade galega”.
 
 


Así mesmo, lembrou que os orzamentos da Xunta para 2019 establecen un gasto de 9.850 millóns de euros, cun incremento de gasto de 363 millóns respecto a este ano, que permitirán reforzar o gasto social, aumentar os investimentos, impulsar a creación de emprego e aprobar novas baixadas de impostos.

Síguenos nas redes sociais