Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Tellado di que o PP será capaz de casar que a xestión da AP-9 resida na Autonomía sen menoscabar o interese xeral do Estado

11 Dec 2018

11, decembro, 2018.  O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou esta mañá que, “como partido de goberno en Galicia e en España, seremos capaces de casar o lexítimo desexo dos galegos de que a xestión da AP-9 resida na nosa Autonomía sen que isto menoscabe o interese xeral do Estado”.

 

O número dous dos populares galegos, que viaxa hoxe a Madrid para seguir en directo o debate do traspaso da xestión desta autoestrada a Galicia no Congreso dos Deputados, destacou que “estamos ante unha iniciativa de país

que conta co respaldo de todos os políticos”.

 

Nese senso, agradeceu a sensibilidade do Grupo Parlamentario Popular de entender a idoneidade de que se tramite este proceso lexislativo nas Cortes Xerais.

 

Segundo aseverou, “a AP-9 é moito máis que unha infraestrutura para este país posto que se trata do eixe que vertebra a Comunidade Autónoma conectando Galicia de norte a sur”.

 

UNHA POSTURA QUE SE LEVA DEFENDENDO MOITO TEMPO

Como tamén lembrou Miguel Tellado, o debate que se vai celebrar hoxe no Congreso dos Deputados recolle a postura que o Goberno galego leva defendendo de xeito constante e sen cambios nos últimos anos: a titularidade galega da AP-9.

 


De feito, trátase dunha demanda que a Xunta lle ten trasladado aos diferentes Gobernos de España desde o ano 2009 e que agora conta, por fin, co respaldo unánime de todos os grupos do Parlamento galego, mesmo do BNG que noutros momentos votou en contra desa transferencia no Parlamento de Galicia.


 
“É unha boa nova para Galicia saber que os deputados e senadores do Partido Popular lle van dar o seu apoio á toma de consideración da Proposición de Lei, entendendo a sensibilidade galega sobre este asunto e tendo en conta o escenario político actual no que se acentúan os riscos de agravio político para Galicia en materia de estradas”, apuntou o secretario xeral.

 

“Agardamos que este sexa un paso adiante que nos permita estar máis cerca do noso obxectivo de conseguir que a autoestrada máis importante de Galicia sexa xestionada desde Galicia”, sentenciou.

Síguenos nas redes sociais