Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O Grupo Popular solicita que se sancione a realización de pintadas, grafitis e calquera acto que cause dano ou deterioro irreparable na vía pública

26 Nov 2018
Santiago, 26 de novembro de 2018.- O Grupo Popular solicita, a través das emendas presentadas ao proxecto de Lei de medidas fiscais e administrativas, que se sancione a realización de pintadas, grafitis, incisións e outros actos que causen danos ou deterioro irreparable na vía pública, no mobiliario urbano ou en calquera edificio ou instalación, coa excepción de que estes espazos foran cedidos polos concellos para este fin.
 
Así mesmo, demanda o cumprimento de recomendacións recollidas no ditame da Comisión de estudo sobre a política forestal, en concreto o relativo á creación do silvicultor activo e a prohibición de novas plantacións de eucalipto nos montes de utilidade ou xestión pública.
 
 

 

O portavoz popular, Pedro Puy, lembrou que a tramitación dos orzamento da Xunta para 2019 e o proxecto de Lei de medidas fiscais e administrativas continúan co obxectivo da súa aprobación antes de que remate o presente ano. Deste xeito, e logo de que a semana pasada foran rexeitadas no Pleno as emendas á totalidade, agora procédese ao debate en ponencia e comisión das emendas parciais.
 

 

 

DANOS OU DETERIORO AO ORNATO
 
 

 

Entre as emendas presentadas polo Grupo Popular ao proxecto de Lei de medidas fiscais e administrativas recóllese a solicitude para que se sancione a realización de pintadas, grafitis, incisións ou outros actos que causen danos ou deterioren o ornato da vía pública, do mobiliario urbano ou dos paramentos exteriores dos edificios ou construcións. Neste punto, exclúense a realización de murais ou grafitis de valor artístico nos espazos públicos que excepcionalmente cedan os concellos, sempre que non prexudiquen o entorno urbano nin a calidade de vida dos veciños.
 
 

 

Outras das emendas do  Grupo Popular teñen como obxectivo o cumprimento do ditame da Comisión de Estudo sobre política forestal e loita contra os incendios forestais. En concreto, e en cumprimento da recomendación número 18, se solicita a creación na Lei de Montes de Galicia da figura do silvicultor activo, para recoñecer aquelas persoas propietarias individuais, comunidades de montes, sociedades de propietarios forestais e xestores forestais que realicen operacións de coidado e de tratamento das masas forestais da súa titularidade ou dispoñibilidade individual ou colectiva, con criterios de xestión forestal sustentable.
 
 

 

Así mesmo, tal e como se recolle na recomendación número 14, o  Grupo Popular tamén solicita que se adapte a Lei de Montes para que queden prohibidas as novas plantacións de eucalipto nos montes de titularidade pública e nos montes de xestión pública.
 
 

 

CUMPRIR O DEBER
 

 

 

Pedro Puy tamén recordou que durante a pasada semana se iniciaron as comparecencias nas comisións de investigación, impulsadas polos grupos da oposición, sobre a situación da sanidade pública e o accidente do Marisquiño en Vigo.
 

 

 

Neste sentido, Puy criticou a decisión de En Marea, PSdeG e BNG de abandonar a comisión de investigación sobre a sanidade, do mesmo xeito que o PSdeG decidiu non participar na Comisión sobre o Marisquiño, polo que afirmou que no Grupo Popular “cumpriremos o noso deber e sería bo que a oposición tamén fixese o mesmo asistindo ás sesións ás que son convocados e facendo o seu traballo”.
 
 


Cuestionado sobre a decisión do Goberno galego de baixar as peaxes nas autoestradas da súa titularidade, Pedro Puy cualificou esta medida como “positiva porque suporá non só abaratar o uso, senón tamén fomentar o uso a distintas horas para evitar conxestión nos momentos de máximo uso da autoestrada”. “Ogallá se adoptara un acordo por parte do Goberno do Estado para a rebaixa das peaxes na AP-9”, indicou.

Síguenos nas redes sociais