Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O Grupo Popular avoga polo equilibrio e compatibilidade entre as especies forestais e a actividade agrogandeira

20 Nov 2018
Santiago, 20 de novembro de 2018.- O portavoz do Medio Rural do Grupo Popular, Moisés Blanco Paradelo, afirmou hoxe que “estamos a favor de aceptar a realidade e singularidade de Galicia e traballar para regular e ordenar o monte galego, mantendo o necesario equilibrio e compatibilidade entre as diferentes especies forestais e a actividade agrogandeira”.
 
 
Deste xeito, rexeitou a proposición de lei de iniciativa popular “que camiña cara a erradicación e prohibición do eucalipto en Galicia, porque a solución dos problemas do monte galego non pasa polas prohibicións indiscriminadas”.
 
 

 

Moisés Blanco cualificou o ditame da Comisión de estudo sobre a política forestal e a loita contra os incendios forestais, aprobado co apoio do  Grupo Popular e Grupo Socialista, como “un documento moi valioso e importante, tanto pola amplísima información que contén, como polas propias recomendacións e propostas de futuro que formula”. “Convén non ignoralo nin desprezalo, especialmente aqueles grupos políticos que despois de votar en contra do ditame traen unha e outra vez propostas ao Parlamento que figuran neste documento e xa se aprobaron”, apuntou.
 
 

 

Na súa intervención, o portavoz popular asegurou que, logo das comparecencias e da documentación aportada a esta comisión de estudo, “quedou demostrado que non existe relación entre os incendios forestais e a especie do eucalipto”. En concreto, sinalou que dos 19 distritos forestais existentes en Galicia, os dous distritos que menos incendios e superficie queimada rexistran son os que acumulan preto do 50 por cento das existencias de madeira de eucalipto, ao tempo que no período 2006-2016 e na vaga de lumes de 2017 as maiores porcentaxes de monte queimado corresponderon a superficie de matogueira.
 

 

 

MAIOR DEMANDA E RENDIBILIDADE
 

 


Blanco explicou que o incremento das plantacións de eucalipto responden á maior demanda dos propietarios pola súa alta rendibilidade, que se traduciu en que máis da metade das cortas realizadas en 2015 corresponderan a esta especie e supuxeran máis de 150 millóns de euros para 80.000 familias galegas. “Se o que se pretende é plantexar unha falsa dicotomía entre os que están en contra do eucalipto, e os que están a favor, aí non nos atoparán”, sinalou.

 
 
 
“Esta situación contrasta coa decisión adoptada pola Xunta de Galicia hai 20 anos para non subvencionar as plantacións de eucalipto, limitación recollida nomeadamente na Lei de Montes de Galicia onde se establece que non se pode plantar en terreo agrícola, nas marxes dos ríos, na proximidade das casas e con limitacións na Rede Natura”, indicou.
 
 


Moisés Blanco referiuse tamén ao aprobado na comisión de estudo sobre política forestal respecto do aproveitamento da biomasa forestal, onde se demanda o desenvolvemento dun plan estratéxico para o seu fomento como modelo de eficiencia ecolóxica, económica e social para o monte e os recursos forestais de Galicia.

Síguenos nas redes sociais