Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O Grupo Popular desta que o proxecto de lei de medidas reduce os impostos, mellora os servizos sociais e optimiza a xestión do monte

20 Nov 2018
Santiago, 19 de novembro de 2018.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, afirmou hoxe no Parlamento que o proxecto de Lei de medidas fiscais e administrativas permitirá reducir os impostos, mellorar os servizos sociais e incrementar a protección do medio ambiente, optimizando a xestión do monte e a prevención dos incendios forestais, así como endurecendo o réxime sancionador ás empresas mineiras que incumpren.
 
 

 

Paula Prado defendeu “a legalidade deste proxecto de lei, xa que está respaldada pola doutrina tanto do Tribunal Constitucional como do Tribunal Supremo”, polo que tamén é utilizada por outras comunidades autónomas gobernadas por socialistas, como a Comunidade Valenciana, ou co seu apoio, como en Cantabria.
 
 

 

REBAIXAS FISCAIS
 
 

 

Ademais, lamentou que a oposición “se poña en contra de catro novas rebaixas fiscais, porque para a eles son invisibles ou non existen os menores de 36 anos, as familias numerosas ou as persoas con discapacidade que se beneficiarán das rebaixas no imposto de transmisións patrimoniais”.
 

 

 

Respecto do medio rural, Prado explicou que este proxecto de lei permitirá axilizar os procedementos de corta de piñeiros e eucaliptos para evitar as masas mixtas; mellora a xestión dos montes veciñais para protexelos dos riscos do abandono; ofrece a posibilidade de incluír terreos non forestais nas sociedades de fomento forestal; e endurece as condicións para o cambio de solo agrícola a forestal.
 

 

 

A viceportavoz popular salientou a creación de dúas novas ofertas á carteira de servizos sociais “para dar solucións axeitadas á realidade de Galicia”. Trátase do cohousing, a través do que persoas autónomas con grao 1 poderán acceder a vivendas individuais con espazos e servizos comúns; e da creación de unidades psicoxeriátricas dentro dun centro residencial para atender a persoas con demencia ou trastorno psiquiátrico que presenten alteración do comportamento. “Estes dous novos servizos non suporán o establecemento de ningún novo copago”, asegurou.
 

 

 

EMPRESAS MINEIRAS E SOGAMA
 

 

 

O proxecto de Lei de medidas fiscais e administrativas contempla un conxunto de medidas dirixidas a endurecer notablemente o réxime sancionador e de control das empresas mineiras. “Se a empresa quebra ou pecha, esa situación non extingue a responsabilidade dos socios, administradores ou directivos da mesma, que quedarán obrigados a levar a cabo o proceso de restauración e peche da explotación e serán suxeitos responsables do seu incumprimento”, explicou.
 
 


Para rematar, Paula Prado destacou a incorporación no proxecto de lei da posibilidade de que SOGAMA rebaixe o canon nun 10 por cento aos concellos que acrediten o seu compromiso cunha menor produción de residuos e a reciclaxe, ao tempo que trasladen esta redución aos veciños. “Trátase de gratificar e compensar a aqueles entes locais que traballan para acadar unha xestión máis sostible dos residuos e se mostren en disposición de avanzar cara ao modelo de desenvolvemento propio da economía circular”, manifestou.

Síguenos nas redes sociais