Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Feijóo di que Moreno representa o cambio tranquilo e transforma as inquedanzas dos seus paisanos nun programa e nunha ilusión

12 Nov 2018

12, novembro, 2018. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe ao candidato do PP á presidencia da Junta de Andalucía, Juanma Moreno, como un instrumento da Andalucía moderna que non se resigna a ser propiedade política de ninguén. “Juanma representa o cambio tranquilo. Personifica o andalucismo que non quere que a súa terra sexa un mero celeiro de votos, senón un actor principal na España do século XXI”, dixo, ao que engadiu que o candidato do Partido Popular soubo transformar as inquedanzas dos seus paisanos, nun programa e nunha ilusión.

 

Durante a súa presentación no Club Siglo XXI, Feijóo sostivo que quizá o problema da política andaluza sexa que a comunidade converteuse nunha pertenza do Partido Socialista, vendo en Moreno a un presidente da Junta que, a diferenza doutros e doutras, nunca se considerará propietario senón traballador desa Andalucía traballadora e modesta da que procede e á que serve. Así, fronte ás políticas que foxen do real e inventan problemas, fronte ás políticas impresionistas, surrealistas ou abstractas, asegurou que Juanma Moreno e os que son como el perseguen políticas realistas.

 

Nesta liña, o presidente do PPdeG aseverou que o que lle une a Juanma Moreno son as ideas, España e o Partido Popular. “E úneme tamén un principio sobre a relación entre un partido político e o país ou a rexión na que actúa”, dixo, precisando que Galicia non é do PP, senón que é o Partido Popular o que se converteu nunha ferramenta dos galegos; “somos os populares galegos os que nos esforzamos en parecernos aos nosos paisanos, para traducir en políticas os seus desexos”.

 

Así mesmo, subliñou que, se ben ambos os dous chegaron ao Partido Popular por camiños diferentes, fixérono compartindo a convición de que a política é unha actividade nobre que nace da vida en comunidade. “Nesta casa común do reformismo, a centralidade, a moderación e a tolerancia, encontramos xente entregada, valores democráticos incuestionables e unha idea do español ambiciosa e ampla. Non podemos admitir que nos arrebaten a memoria, nin aqueles que viron nas siglas unha coartada para fines persoais, nin os que pretenden desterrar as ideas nobres que o Partido Popular representa”, indicou Feijóo, quen concluíu destacando que Juanma Moreno, de quen dixo tamén que é un candidato constitucionalista e democrático, é o único que representa as reformas en Andalucía e que “sabe o que é gañar, pero sabendo estar na oposición gañando”.

Síguenos nas redes sociais