Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O PPdeG considera fundamental velar polos dereitos e as condicións de traballo dos empregados do sector de produtos elaborados do mar

07 Nov 2018
Santiago, 6 de novembro de 2018.- A portavoz do Mar do Grupo Popular, Teresa Egerique, expresou hoxe no Parlamento a “sensibilidade do PPdeG cos traballadores e traballadores do sector de produtos elaborados do mar”. “Consideramos fundamental velar polos seus dereitos e que as súas condicións de traballo sexa as máis axeitadas, realistas e estean adaptadas a este momento e a este contexto social no que a competencia é feroz e necesitamos coidar o noso”, engadiu.
 
 

 

Deste xeito, Egerique apelou “ao diálogo como a mellor fórmula para chegar a un entendemento entre as partes e manter a actividade económica nesta industria e incluso mellorala, co conseguinte beneficio tamén para as condicións laborais”.
 
 

 

“A Xunta está a colaborar na busca dunha solución para o sector defendendo os postos de traballo a través da mediación do Consello Galego de Relacións Laborais”, sinalou a portavoz popular, quen explicou que o Goberno galego “non pode impoñer nada porque a propia Constitución é garante desas negociacións”.
 
 


Teresa Egerique avogou porque “se manteña a estabilidade nunha industria que é estratéxica para Galicia”, porque “o noso compromiso co emprego en Galicia é firme, sempre do lado dos traballadores pero respectando as negociacións dos convenios colectivos”.

Síguenos nas redes sociais