Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Tellado asegura que “hoxe en día, o maior perigo para Navantia e o naval ferrolán é Pedro Sánchez”

06 Nov 2018
Santiago, 6 de novembro de 2018.- O viceportavoz do Grupo Popular, Miguel Tellado, sinalou este martes no Parlamento que “hoxe en día, o maior risco para Navantia e para todo o sector naval é Pedro Sánchez”, argumentando que “logo de termos sido moi críticos con José Luis Rodríguez Zapatero por non conseguir ningún contrato para o noso naval, o actual presidente do Goberno atopou encargos en carteira e el só encargouse de poñelos en perigo”.
 
 

 

Neste sentido, Tellado subliñou que o Goberno central socialista ameazou a construción das corvetas para Arabia Saudí e ten paralizado o proxecto das Fragatas F-110, que creará 7.000 empregos en Ferrolterra e garantirá carga de traballo para unha década, así como a modernización dos estaleiros.
 
 


Sobre as condicións laborais da industria auxiliar, Tellado rexeitou a precarización dos traballadores como método de competencia entre empresas, e apostou porque os custos salariais sexan idénticos para todas. Con todo, avogou por respectar a autonomía das partes na negociación e a neutralidade das administracións, apelando tamén ao papel mediador que sempre amosa a Xunta a través do Consello Galego de Relacións Laborais.

Síguenos nas redes sociais