Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O Grupo Popular demanda á Xunta que axilice a declaración como BIC do Parque do Pasatempo en Betanzos

06 Nov 2018
Santiago, 6 de novembro de 2018.- A deputada do Grupo Popular María Antón demandou hoxe no Parlamento que a Xunta axilice a declaración de ben de interese cultural do Parque do Pasatempo en Betanzos, ao tempo que preste apoio técnico ao Concello para a elaboración do proxecto de rehabilitación e colabore economicamente e na procura de apoios financeiros para garantir a pronta recuperación deste espazo.
 

 

María Antón reiterou “o compromiso, sen fisuras, do PPdeG e do actual Goberno galego para a recuperación, rehabilitación e protección do Parque do Pasatempo”.
 

 

 

PLENA PROTECCIÓN
 
 

 

Neste sentido, lembrou que neste momento a tramitación da declaración deste espazo singular como ben de interese cultural xa pasou o trámite de exposición pública e está na fase de resolución das alegacións presentadas. Porén, asegurou que “desde o momento en que se incoa este expediente o Parque do Pasatempo xa goza de plena protección, do mesmo xeito que se estivese declarado”.
 
 

 

“A Xunta está dando pasos serios e sólidos dentro do ámbito das súas competencias e en correspondencia cos compromisos adquiridos” respecto do Parque do Pasatempo, sinalou a deputada popular. En concreto, dixo que este espazo singular está incluído no programa de recuperación de BICs dos Camiños de Santiago que o Presidente da Xunta presentou o pasado 24 de outubro ao ministro de Cultura e Deporte.
 

 

 

TÓCALLE AVANZAR AO CONCELLO
 

 

 

Deste xeito, Antón manifestou que “agora tócalle avanzar ao Concello de Betanzos, porque non podemos obviar que o Parque do Pasatempo é de titularidade municipal, polo que as actuación de conservación e mantemento, tal e como recolle a Lei de Patrimonio Cultural de Galicia, son competencia do seu propietario”.
 

 


A deputada popular lembrou que o Concello de Betanzos “xa anunciou hai máis de un ano que ía licitar a redacción do proxecto técnico, “sen que a día de hoxe se coñeza algo ao respecto”. “A base de calquera intervención é este proxecto, porque nel se reflicten non só as actuacións a realizar senón tamén o seu custe”.

Síguenos nas redes sociais