Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O Grupo Popular defende o PIR como unha vía áxil para resolver carencias urxentes e excepcionais dos concellos

06 Nov 2018
Santiago, 6 de novembro de 2018.- O portavoz do Medio Rural do Grupo Popular, Moisés Blanco Paradelo, defendeu hoxe o Plan de infraestruturas rurais (PIR) da Xunta de Galicia como “unha vía áxil para resolver carencias ou infraestruturas en mal estado dos concellos que precisan unha intervención urxente e excepcional”.
 
 
“O procedemento empregado para a concesión destas axudas é o mesmo desde o ano 2007, a través do que o Goberno bipartito repartía o dobre de orzamento que na actualidade, polo que eran o dobre de malos e de caciques que agora”, sinalou.
 

 

 

Moisés Blanco explicou que o PIR de 2018 contempla actuacións en 65 concellos cun importe total de 2,7 millóns de euros. “Os concellos solicitan as obras e redactan os proxectos os propios técnicos municipais; posteriormente a Xunta recibe a documentación dos concellos solicitantes e un servizo específico dirixido por funcionarios, non políticos, son os que avalían os proxectos”, explicou.
 
 

 

MESMAS LEIS QUE NO BIPARTITO
 
 


“O Goberno bipartito fixo o mesmo nos anos 2007 e 2008, coa diferenza de que dedicaban o dobre de orzamento, polo que non entendemos que lles parece mal agora cando estamos a utilizar as mesmas leis para o reparto deste plan”, cuestionou o portavoz popular.

 
 
 

Así mesmo, Blanco apuntou que o PIR destínase exclusivamente a actuacións de urxente necesidade dos concellos, “pero existen outros programas complementarios como o Plan de mellora de camiños, que en 2018 está dotado con 16 millóns de euros destinados a favorecer a ampliación, mellora ou mantemento de camiños municipais de toda Galicia”.

Síguenos nas redes sociais