Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O Grupo Popular avoga porque Sanidade e profesionais dos PACs cheguen á maior brevidade a un acordo satisfactorio para ambas partes

06 Nov 2018
Santiago, 6 de novembro de 2018.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, reiterou hoxe que a Consellería de Sanidade está a negociar cos profesionais dos puntos de atención continuada (PAC) melloras nas súas condicións laborais, polo que “esperamos que todo este proceso remate á maior brevidade posible cun acordo satisfactorio para as dúas partes”.
 
 
Neste sentido, Núñez Centeno afirmou que “incrementar os equipos en todos os PACs como demandan os grupos da oposición implicaría a reorganización dos mesmos, diminuíndo o seu número e incrementando a isocrona e a poboación atendida”.
 

 

 

Núñez Centeno explicou que a Consellería de Sanidade mantivo varias reunións con representantes dos traballadores dos PACs, “aceptando varias das súas reivindicacións, como o abono de dietas de domingo e festivo, tanto de comida como de cea; a eliminación en obxectivos da porcentaxe de derivación hospitalaria, aínda que se considera un bo indicador da calidade de asistencia; o problema da roupa de traballo; e a dotación aos profesionais de equipos de protección individual”.
 

 

 

“Así mesmo, estudáronse nas distintas reunións as diferentes variables asistenciais que puideran xustificar un incremento de prazas, que non parece un problema xeneralizado da maioría dos PAC, sen prexuízo das dotacións puntuais ou dos reforzos de persoal que sexan necesarios e que poderán ser asumidos orzamentariamente cando se xustifiquen pola demanda asistencial”, engadiu.
 

 


O portavoz de Sanidade referiuse tamén á recente sinatura da carreira profesional na sanidade pública galega, “que representará un incremento medio dun 6 por cento para 22.000 profesionais, entre os que se atopan os traballadores dos PACs de Galicia”.

Síguenos nas redes sociais