Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O Grupo Popular afirma que os orzamentos de 2019 suporán un novo avance na execución do Plan MOVE

06 Nov 2018
Santiago, 6 de novembro de 2018.- O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, afirmou hoxe no Parlamento que os orzamentos da Xunta para 2019 “suporán un novo avance na execución do Plan MOVE de estradas”, logo de que “o actual Goberno galego xa puxera en funcionamento 208 novos quilómetros de vías de alta capacidade sen peaxe”.
 

 

Martín Fernández criticou que o anterior Goberno bipartito de socialistas e nacionalistas “non chegou a aprobar ningún Plan de Estradas de Galicia, pero si foi quen de deixar a deber máis de 1.000 millóns de euros das autovías que fixeron, 900 millóns de euros nas xestures e outros 2.175 millóns de euros de liquidacións negativas”. “Máis de 4.000 millóns de euros cos que se poderían facer dous plans MOVE completos”, indicou.
 
 

 

83% DOS GALEGOS A MENOS DE 15 MINUTOS DUNHA VAC
 
 

 

Neste sentido, o portavoz popular apuntou que o actual Goberno galego “tivo que traballar cun escenario orzamentario moi distinto, ao tempo que pagaba os cartos que deixaron a deber socialistas e nacionalistas”, pero a pesar disto “foi quen de poñer ao 83 por cento dos galegos a menos de 15 minutos dunha vía de alta capacidade, pasando dos 313 quilómetros existentes en 2009 a 521 quilómetros na actualidade”.
 
 


De cara ao futuro próximo, Fernández Prado incidiu que “a mellor concreción da planificación das actuacións en materia de estradas son os orzamentos, unhas contas que neste momento están a debate neste Parlamento e aos que a oposición pode facer as súas propostas e aportacións, pero sempre aclarando de onde sacan os cartos para as novas obras que propoñen”.

Síguenos nas redes sociais