Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O Parlamento demanda ás deputacións de A Coruña e Pontevedra que garantan o bo estado da ponte de Catoira

30 Out 2018
Santiago, 30 de outubro de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ás deputacións provinciais de A Coruña e Pontevedra que acometan as actuacións necesarias para garantir o bo estado da ponte de Catoira.
 
 
“En concreto, como organismos titulares desta ponte, é necesario que realicen con urxencia unha análise estrutural en profundidade e executen as obras que dela se deriven, co compromiso de establecer un calendario de inspeccións periódicas a futuro, de xeito que se garanta a seguridade viaria dos usuarios e a calidade da propia ponte, asegurando tamén así a súa durabilidade”, indicou a deputada popular Maribel Novo.
 
 

 

A deputada popular explicou que “o conflito de competencias existente entre ambas deputacións provinciais respecto ao coidado e conservación da ponte de Catoira complican o mantemento desta infraestrutura, onde o que debería primar tiña que ser a seguridade dos usuarios ante todo”.
 
 

 

CUMPRIR O COMPROMISO
 
 

 

“Deste xeito, consideramos necesario que ambas deputacións cumpran o seu compromiso de velar polo bo estado da ponte, para o que resulta urxente e prioritario que se poñan mans á obra para garantir as condicións mínimas de seguridade viaria de todos os usuarios”, sinalou.
 
 

 

Maribel Novo salientou que “a Xunta dispón dun programa específico de seguridade das pontes e das obras de paso a través do que se realizan actuacións de inspeccións periódicas e constantes en todas as estruturas das estradas autonómicas”. En concreto, con este programa supervísase de forma permanente o estado das 1.837 estruturas, “polo que a Xunta presta especial atención á conservación das estruturas e das obras de paso nas redes autonómicas”.
 
 


“Este mecanismo posibilita coñecer de maneira detallada as necesidades de intervención en cada ponte ou obra e deseñar, proxectar e executar as actuacións de conservación necesarias”, engadiu.

Síguenos nas redes sociais