Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Feijóo asegura que o PP quere un proxecto para servir aos veciños de Pontevedra e non para defender a causa nacionalista do BNG

27 Out 2018

27, outubro, 2018.O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo,asegurou que os populares queren un proxecto de cidade para servir aos veciños de Pontevedra e non para defender a causa nacionalista, como fai o BNG cos votos dos cidadáns. “Nós empregamos a confianza dos pontevedreses para facer máis Pontevedra, para facer máis Galicia e para facer máis España”, engadiu durante a presentación do candidato Rafa Domínguez.

 

Nesta liña, explicou que isto é algo que acreditan desde a Xunta, que está impulsando todos os proxectos comprometidos para Pontevedra nas últimas Eleccións Autonómicas. Entre outras iniciativas, citou a ampliación do Gran Montecelo, o aumento de prazas de garderías públicas, anova residencia pública de maiores,o novo edificio xudicial na Parda, a rehabilitación do Benito Corbal, a Variante de Alba, a futura estación intermodal, a mellora do saneamento coas infraestruturas necesarias ou o novo Pavillón de Ximnasia.

 

Así mesmo, puxo en valor as ganas, ilusión, paixón, ideas e propostas dos populares  para cambiar un concello que “desde hai demasiados anos parece estar conxelado no tempo”, caracterizado pola inercia, pola rutina e polo esgotamento de quen o goberna logo de moito tempo sen percibirse ningunha diferenza. 

 

DEMASIADOS ANOS DE PARÁLISE

Feijóo insistiu en que hai demasiados anos que desde o Concello non se escoita aos cidadáns, que se está só pendente de ver se se reciben piropos en lugar de atender ás necesidades; que o emprego é algo secundario para quen ten que ser o primeiro defensor dos seus veciños; que non se atende a todos os barrios e ao rural como se debería; que cando algo se fai en Pontevedra, só se fai desde a Xunta; e que só hai monólogo onde debería haber diálogo cos pontevedreses.

 

Por este motivo, subliñou que esta urbe precisa a actitude de Rafa Domínguez: a de unir, a de escoitar e a de dialogar; a de que se un alcalde vai máis aló das súas competencias sexa para defender o emprego en lugar de referendums de independencia; e a de saber que “é máis importante o Concello que o partido, é máis importante a cidade que o Concello, e son máis importantes os veciños que a propia cidade”.

 

UN PROXECTO PARA TODOS

Ademais, o presidente fixo fincapé en que a súa formación ten un proxecto de cidade para todos os pontevedreses, sen excepción, xa que son un punto de encontro e gobernan para todos os cidadáns, moi distintos aos que o fan declarando non grato a un veciño por ser doutro partido. “Tendo maioría absoluta non facemos o mesmo, recibimos ao alcalde cando nolo pide e volcámonos no servizo á cidade”, dixo evidenciando as diferenzas entre o PP e o BNG.

 

Nese senso, remarcou que os populares saben a quen serven e que teñen que ser como Pontevedra e como Galicia xa que “non se pode ser ingrato co pobo que confían nun”. De igual xeito, afirmou que por este motivo responderán con ideas, con propostas e con proxecto, sentindo o que se fai e tendo ilusión e ganas por seguir facendo.

 

Así mesmo e tras recoñecer que a realidade está na rúa, o líder do PPdeG destacou a importancia de percorrer todos os barrios para achegarse a todos os veciños e para que Pontevedra, despois de anos parada, poida dar un paso adiante e se poña en marcha como tamén o fixo o candidato popular á Alcaldía deste Concello, Rafa Domínguez.

Síguenos nas redes sociais