Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O Grupo Popular apoia demandar que a Xunta adopte as medidas oportunas para que o centro de día de Miño sexa unha realidade á maior brevidade

17 Out 2018
Santiago, 17 de outubro de 2018.- O Grupo Popular apoiou hoxe no Parlamento galego a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a tomar as medidas orzamentarias necesarias para que o centro de día público de Miño sexa unha realidade na maior brevidade.
 

 

A deputada Soraya Salorio lembrou que o  Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar “xa remitiu ao Concello de Miño a proposta de convenio de xestión deste centro de día, polo que está á espera de que desde o Concello se responda a esta iniciativa”.
 
 


“A previsión do Consorcio é licitar a xestión deste centro de día antes de que remate o presente ano 2018, posibilitando a súa entrada en funcionamento nos primeiros meses de 2019”, sinalou Soraya Salorio. Ademais, amosou a súa esperanza en que “a Xunta teña en conta este proxecto nos orzamentos para 2019 que se darán a coñecer nesta semana”.

Síguenos nas redes sociais