Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Pedro Puy asegura que “existen motivos máis que dabondo para aprobar o teito de gasto para 2019”

16 Out 2018
Santiago, 16 de outubro de 2018.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, considerou hoxe “existen motivos máis que dabondo para a aprobación do teito de gasto da Xunta de Galicia para 2019 ao recoller un incremento de 363 millóns de euros dos recursos, unha redución da débeda, unha presión fiscal rebaixada, unha economía que medra máis que a media, unha baixa do desemprego e unhas prestacións sociais por enriba da media de España”.
 
 

 

Pedro Puy explicou que a Xunta de Galicia elaborou o teito de gasto “baseándose nunhas previsións prudentes, recollendo un incremento significativo do gasto e podéndoo facer polo bo funcionamento da economía galega en xeral, e a pública autonómica en particular”.
 
 

 

REBAIXANDO A PRESIÓN FISCAL
 
 

 

Respecto das previsións prudentes, o portavoz popular referiuse a un crecemento do PIB do 2,5 por cento, unha suba de recursos de 363 millóns de euros, unha previsión de redución do desemprego ao 12,7 por cento e unha redución do déficit ao 0,1 por cento, “pero todo sen subir os impostos e mesmo baixando a presión fiscal para consolidar o crecemento potenciando o aforro e o consumo”.
 
 

 

“O Goberno galego continuará coas liñas económicas que permitiron pasar da forte restrición financeira de 2015, pese á caída dos ingresos nestes últimos anos e o pago dos 2.200 millóns de euros de liquidacións negativas que deixara o Goberno bipartito”, manifestou.
 

 

 

Puy asegurou que a economía pública de Galicia ten “uns fundamentos sólidos e máis sans, e presenta un crecemento máis equilibrado, ao tempo que sitúa a Galicia como a comunidade que menos subiu a débeda desde 2009 ao tempo que devolve a débeda herdada e non contabilizada da época do Goberno bipartito”.
 
 


Na súa intervención, o portavoz popular salientou que a Xunta “manteña a estabilidade no emprego público ao tempo que incrementa os salarios dos traballadores da administración, ao que se engade un gasto social por enriba da media española”.

Síguenos nas redes sociais