O Grupo Popular defende que a Xunta valore as suxestións propostas polo Defensor do Pobo para a mellora do Hospital Psiquiátrico de Conxo

12 Set 2018
Santiago, 12 de setembro de 2018.- A deputada do Grupo Popular Encarna Amigo defendeu hoxe no Parlamento que a Xunta valore, á maior brevidade posible, as suxestións propostas polo Defensor do Pobo respecto do Hospital Psiquiátrico de Conxo, acometendo as medidas de mellora que sexan necesarias para optimizar a atención aos pacientes.
 

 

Encarna Amigo lembrou que “o Goberno galego xa ten manifestado con feitos o seu compromiso por mellorar a calidade da atención prestada aos pacientes con trastorno mental severo ingresados en hospitais psiquiátricos”. “Mostra disto son os cambios realizados ao longo dos últimos anos, nos que se reubicaron e modernizaron as instalacións dedicadas a programas rehabilitadores e ocupacionais para pacientes con trastorno mental severo”, apuntou.
 
 

 

PROTOCOLOS DETALLADOS
 
 

 

Na actualidade, a deputada popular indicou que “en todas as áreas de saúde existen protocolos detallados, concretos e actualizados para a realización de procedementos de illamento, contención física e ingreso voluntario”.
 
 


“Unha vez realizadas estas melloras, a administración sanitaria galega segue co seu obxectivo de integrar ao máximo a saúde mental dentro da planificación e da estratexia asistencial común para todo o Sergas”, indicou.

Síguenos nas redes sociais