Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O PPdeG demanda que Goberno central e Deputación de Pontevedra complementen as axudas da Xunta para os afectados da explosión de Tui

11 Xul 2018

Santiago, 11 de xullo de 2018.- O deputado do Grupo Popular Moisés Rodríguez Pérez demandou hoxe no Parlamento que o Goberno central e a Deputación de Pontevedra destinen fondos extraordinarios e adicionais aos xa previstos nos orzamentos vixentes que complementen as axudas postas en marcha pola Xunta de Galicia para paliar os danos causados pola explosión de material pirotécnico na parroquia de Paramos do concello de Tui.

Moisés Rodríguez salientou que “a Xunta foi a primeira, nun tempo récord, en comprometer axudas por máis de sete millóns de euros, unha responsabilidade que deberían asumir o resto de administracións públicas, especialmente a Deputación de Pontevedra ou o Goberno central”.

 

MÁIS AXUDAS

A estas axudas iniciais, sumouse o pasado 5 de xullo outro acordo do Consello da Xunta a través da que se poñían a disposición dos afectados novas axudas para as necesidades dos dous menores que quedaron orfos; para establecementos comerciais, industriais, turísticos ou mercantís; para os titulares de explotacións agrarias ou gandeiras; para reparación de bens, maquinarias, equipamento ou medios de produción; para compensar a perda total ou parcial da produción agrícola; ou para compensar a morte de gando ou perda de colmeas.

 

Así mesmo, lembrou a proposición non de lei do Grupo Popular aprobada por unanimidade o pasado 29 de xuño, logo de incorporar emendas dos socialistas e do BNG, a través da que se pedía a exención no IRPF das axudas autonómicas recibidas polos afectados e do IBI; a redución do IAE; a exención das taxas para a baixa de vehículos en tráfico; o establecemento de liñas de financiamento a favor do Concello de Tui para compensar os gastos; ou demandar ao Goberno central a declaración de zona gravemente afectada por unha emerxencia de protección civil.

 

TRABALLANDO E ESCOITANDO AOS VECIÑOS

“O PPdeG está traballando e seguiremos escoitando aos veciños, e teñan por seguro que seguiremos facendo todo o que estea na nosa man para que os veciños superen esta dramática situación”, asegurou Moisés Rodríguez.

 

Porén, Moisés Rodríguez sinalou que “seguimos esperando que a Deputación de Pontevedra e o Goberno central dean unha resposta á demanda de axudas que complementen o esforzo orzamentario que a Xunta de Galicia xa está a facer por responsabilidade e pola súa vontade de asistir ás persoas afectadas”.

Síguenos nas redes sociais