Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Feijóo agradece aos precandidatos a cordialidade e a deportividade coa que se está levando a primeira parte do proceso

05 Xul 2018

05, xullo, 2018. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, agradeceu esta tarde aos precandidatos que deran o importante paso de optar a presidir o partido así como a cordialidade e a deportividade coa que se está levando a primeira parte do proceso.

 

 “Estamos participando nunha decisión importante para o noso partido e para a democracia española”, indicou logo de exercer o seu dereito a voto para a primeira volta do Congreso nacional do PP en Vigo, destacando tamén a normalidade e a tranquilidade de poder votar “en positivo”. Deste xeito, puxo en valor este proceso xa que, malia contar cun escaso marxe de tempo, cunha campaña de prazos curtos e en pleno mes de xullo, a falta de problemas entre os candidatos acreditou que a formación goza de boa saúde.

 

Ademais, indicou que, despois de que se dean a coñecer os resultados esta noite, haberá que seguir traballando ata os días 20 e 21 de xullo para decidir cal será a persoa que represente a máis votantes en España, xa que se converterá no xefe da oposición.

 

Feijóo salientou tamén que o partido quere escoitar á xente porque existe a necesidade de que no país volva gobernar un partido que gañe os comicios. “Queremos seguir gañando e, se é posible, con máis vantaxe que nas últimas eleccións”, engadiu contrapoñendo a actitude dos populares coa dos socialistas, para os que xa é unha costume gobernar institucións tras perder eleccións.

 

Tras sinalar que non quixo posicionarse publicamente para non interferir na elección dos militantes, recoñeceu que non foi fácil escoller a un precandidato “porque o partido está preparado para traballar en equipo”, pero que finalmente se decantou pola opción que considera mellor para o PP, que precisa un equipo que sexa capaz de gobernar. “Os españois merecen que goberne o partido máis votado e traballaremos para selo outra vez nas eleccións municipais, nas eleccións autonómicas e, por suposto, nas eleccións e xerais”, sentenciou.

Síguenos nas redes sociais