Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O Grupo Popular demanda ao Concello de Silleda que remita á Xunta o expediente completo do PXOM

04 Xul 2018

Santiago, 4 de xullo de 2018.- O portavoz de Ordenación do Territorio do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, demandou hoxe ao Concello de Silleda que remita o expediente completo do novo plan xeral á Xunta de Galicia para que esta, no prazo máximo de tres meses, poida resolver.

Fernández Prado lembrou que a Xunta “xa solicitou ata en tres ocasións, a última a semana pasada, ao Concello de Silleda o expediente completo sobre o PXOM, pero a día de hoxe aínda non recibiu esta documentación para proceder á súa tramitación conforme se recolle na Lei do Solo de Galicia e no seu regulamento”.

 

“Ata que o Concello non achegue esta documentación pendente non comezará o cómputo do prazo legal para a resolución da Xunta sobre a aprobación definitiva do PXOM nin procederá resolver sobre esta”, explicou.

 

Neste sentido, subliñou a “total vontade da Xunta de aprobar o plan xeral de Silleda, pero para elo é necesario que o Concello remita o expediente completo, do mesmo xeito que se lle pide e fan o resto dos concellos de Galicia”.

 

IGUALDADE DE TRATO

Martín Fernández criticou que os socialistas “pidan que se trate a este concello con discrecionalidade e sen respectar o establecido na lexislación vixente, cando unha das premisas que debe ter unha administración é a igualdade de trato para todos os cidadáns e todas as administracións”.

 

Respecto do caso de Silleda, o portavoz popular considerou “vital na elaboración dun PXOM contar con documentación acreditativa de que toda a poboación do municipio conta con recursos de auga suficientes, tanto para facer fronte á demanda de auga actual como á prevista no futuro”.

 

Así, lembrou a xurisprudencia do Tribunal Supremo pola que ningún plan xeral pode aprobarse sen ter legalizadas, tanto concedidas como rexistradas, captacións de auga suficientes para satisfacer as demandas presentes e futuras da poboación”. 

Síguenos nas redes sociais