Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Jacobo Moreira salienta o cambio de postura do PSOE respecto a ENCE desde que está no Goberno central

04 Xul 2018

Santiago, 4 de xullo de 2018.- O deputado do Grupo Popular Jacobo Moreira salientou hoxe no Parlamento o cambio de postura dos socialistas galegos respecto de ENCE desde que están no Goberno central, xa que “agora xa non son tan entusiastas co populismo de derrogar a concesión, senón que a limitan a que sexa de acordo co desenvolvemento dos procedementos xurídicos vixentes”.

Neste sentido, dixo que “o PSOE ten agora nas súas mans desde o Goberno central levar adiante a derrogación da prórroga de ENCE que ata agora viñeron reclamando tanto en Pontevedra como en Galicia”. “É moi fácil falar frivolamente cando se está na oposición, pero as cousas vense de xeito diferente cando se está no goberno”, indicou.

 

EN MANS DE PSOE E DE EN MAREA-PODEMOS

“Agora veñen ao que sempre defendemos desde o Partido Popular, porque as resolucións administrativas dítanse seguindo un procedemento e cumprindo as leis, que todos debemos respectar”, indicou.

 

Ademais, incidiu que “co PSOE no Goberno do Estado xa non é preciso que se adopte ningún acordo sobre ENCE no Parlamento galego, xa que está nas mans do PSOE e dos seus socios de En Marea-Podemos en Madrid proceder á derrogación desta prórroga”.

Síguenos nas redes sociais