Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O PPdeG salienta que “o mellor plan de desestacionalización é a Estratexia de Turismo de Galicia 2020”

28 Xun 2018

Santiago, 28 de xuño de 2018.- A deputada do Grupo Popular Cristina Romero salientou hoxe que “o mellor plan de desestacionalización do turismo na Comunidade galega é a Estratexia de Turismo de Galicia 2020, que está a funcionar cun crecemento dos turistas superior ao 3 por cento o pasado ano, cando se superaron por primeira vez os 5 millóns de turistas, cunha chegada de visitantes máis intensa fóra da tempada estival”.

Cristina Romero afirmou que “Galicia medrou tanto en cantidade como en calidade, medrando turisticamente dun xeito sustentable”. Así, concretou que, “á marxe da diversificación que vive o Camiño de Santiago, os datos do 2007 desmontan a análise errada da oposición respecto da estacionalidade turística en Galicia: o xeo destino onde máis creceu a demanda hoteleira foi os Ancares-Caurel, case un 43 por cento; en segundo lugar situouse o Deza, con preto dun 30 por cento; e máis atrás a ría de Muros-Noia, a Costa da Morte, a ría de Arousa e Verín-Viana”.

 

OURENSE E LUGO

“Os datos de 2018 apuntalan que seguimos desestacionalizando: de xaneiro a abril a mellor evolución do turismo deuse na provincia e Ourense, cun 10 por cento máis de turistas que fixeron un 4,6 por cento máis de noites; neste primeiro cuadrimestre, Lugo foi o destino urbano de Galicia cun mellor comportamento, incrementándose preto do 20 por cento os viaxeiros recibidos; e, ademais, en pleno inverno e cunhas condicións climatolóxicas pouco favorables, ata marzo recibimos un 8,8 por cento mais de turistas nacionais e un 15,4 por cento máis de turistas internacionais”, concretou.

 

“Se falamos de calidade, pechamos o pasado ano como a Comunidade autónoma con máis certificacións de Q de calidade turística”, salientou Romero, quen engadiu que en materia de axudas “as máis cuantiosas son as de accesibilidade e sinalización, que poñen en valor os recursos locais de centenares de concellos”.

Síguenos nas redes sociais