Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Tellado cualifica de “moi preocupante” que o ministro de Fomento poña en cuestión os prazos do AVE

25 Xun 2018

25, xuño, 2018. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, cualificou de “moi preocupante” que o ministro de Fomento, José Luis Ábalos, poña en cuestión os prazos do AVE a Galicia.

 

Segundo asegurou, desde que se consumou a moción de cesura os socialistas están preparando o terreo mediático para desatender os compromisos adquiridos do anterior Executivo co AVE galego, aprazando  a data de chegada para priorizar outros investimentos. “Xa sabíamos que deixar de ter un presidente galego non sería unha boa noticia para Galicia, pero non pensabamos que o castigo á nosa Comunidade por non ser un depósito de votos para o PSOE ía arrancar tan pronto”, lamentou Tellado.

 

Para o secretario xeral, é grave que o ministro estea empezando desta forma a súa andadura no Goberno, pero moito máis aínda que o responsable do PSdeG en Galicia, Gonzalo Caballero,  e que o seu portavoz parlamentario, Xoaquín Fernández Leiceaga, “lle rían as grazas coa súa presenza no Ministerio”.  “O que vimos é que, 25 anos despois de que o seu tío prometese en 1993 o AVE a Galicia, Gonzalo Caballero estivo hoxe en Madrid para xustificar os novos retrasos”, engadiu.

 

Ademais, Tellado considera unha grave falta de respecto institucional que este Goberno reciba antes ao secretario xeral do PSdeG que á conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, malia pedir unha reunión de forma formal. “É unha mágoa ver que este Executivo antepoña a axenda do partido sobre as relacións entre ambas administracións”, dixo.

 

Así mesmo, antepuxo esta situación coa que se vivía co Goberno de Rajoy, no que o ministro De la Serna visitaba Galicia cada tres meses para dar conta das obras.

 

TRANSFERENCIA DA AP-9

Por outra banda, o número dous dos populares galegos referiuse á transferencia da AP-9, lembrando que o PPdeG pediu a titularidade da autopista a un Executivo do Partido Popular e que tamén lla reclamarán a un Goberno do PSOE, sendo nunha infraestrutura da que Alberto Núñez Feijóo foi capaz de liberar do acordo ruinoso que firmou o bipartito e que se baseaba en que os galegos subvencionasen a peaxe dunha autopista estatal. Neste senso, subliñou que “grazas ao presidente aforráronse uns 400 millóns de euros ás arcas galegas”.

 

De igual xeito, Tellado recordou a bagaxe do PSOE con respecto á AP-9, que se resume nas subidas de peaxes que consentiron a cambio de ampliar dita vía.

Síguenos nas redes sociais