Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Os deputados do Grupo Popular visitaron esta mañá a exposición 'Galicia Universal. A arte galega nas coleccións ABANCA e Afundación'

25 Xun 2018

Santiago, 25 de xuño de 2018.- Os deputados do Grupo Popular visitaron esta mañá a exposición Galicia universal. A arte galega nas coleccións ABANCA e Afundación, aberta no Museo da Cidade da Cultura ata o vindeiro 14 de outubro. O portavoz popular, Pedro Puy, asegurou que “estamos ante unha colección de arte única, que representa a presenza da identidade de Galicia na cultura universal”, a través da que “se constata que, pese a todas as dificultades que houbo no proceso de bancarización das antigas caixas de aforro galegas, fomos capaces de preservar este patrimonio cultural para Galicia, que agora se pode observar asistindo a esta selecta mostra desa grande colección de arte galega”.

Pedro Puy cualificou de “extraordinaria” a exposición Galicia universal. A arte galega nas coleccións ABANCA e Afundación, que presenta cerca de 200 obras de arte de máis de 100 artistas desde finais do século XIX ata a actualidade e que é un “reflexo da influencia que ten na arte galega o conxunto dos movementos contemporáneos da arte universal, e viceversa”.

 

MOITO TRABALLO E ACORDOS A MOITOS NIVEIS

Puy considerou importante que a colección da arte das antigas caixas de aforro galegas se mantivese en Galicia, “resultado de moito traballo e acordos a moitos niveis”. En concreto, lembrou que “o máis importante foi a partir da nacionalización en 2012, cando se vendeu Novagaliciabanco e se conseguiu manter a viabilidade da fundación depositaria destas obras de arte e doutras moitas actividades sociais, pero desde o punto de vista cultural era esencial manter a unidade desta colección e preservala para o futuro”.

 

Así mesmo, recordou que en 2013 acadouse un acordo unánime no Parlamento galego para a formación do Padroado que se ocuparía desta fundación, ao que seguiron xestións co novo propietario desta entidade para que decidira finalmente que ABANCA seguira vencellada á Fundación, garantindo a aportación de fondos durante 30 anos, e integrando no Padroado á Xunta, Parlamento, deputacións, as sete cidades galegas e aos traballadores.

 

O portavoz popular referiuse, ademais, á declaración hai case tres anos como ben de interese cultural das coleccións de arte de ABANCA e Afundación, “que blinda a súa continuidade como unidade”. En concreto, declaráronse un total de 3.465 obras cun valor sobranceiro de artistas nacionais e internacionais, das que 1.350 correspondían a ABANCA e 2.115 á colección de Afundación.

Síguenos nas redes sociais