Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O Parlamento solicita á Xunta un informe sobre as posibilidades comerciais que se abren co Brexit para os produtos pesqueiros

20 Xun 2018

Santiago, 20 de xuño de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, a instancias do Grupo Popular, solicitar á Xunta que elabore un informe sobre as posibilidades e circunstancias que se abren co Brexit en termos comerciais en relación aos produtos pesqueiros galegos. “É moi importante saber cal pode ser o impacto, pero tamén converter este proceso nunha oportunidade, de aí que, vendo a posibilidade de que o Reino Unido perda o seu acceso directo aos mercados da Unión Europea, teñamos que estar atentos para ver que ámbitos de negocio se poden abrir para a pesca galega”, sinalou a portavoz do Mar, Teresa Egerique.

Na súa intervención, Egerique manifestou que o Brexit “está a ser un proceso negociador complexo, longo e de moita incerteza”. “Neste marco político, Galicia traballa dende o minuto un na obtención de argumentos xurídicos e socioeconómicos para defender os seus intereses pesqueiros, minimizar o impacto do Brexit e facer deste proceso inédito na Unión Europea unha oportunidade”, apuntou.

 

FOLLA DE RUTA

A portavoz popular sinalou que “aproximadamente o 70 por cento dos produtos pesqueiros que exporta o Reino Unido ten como destino países comunitarios, especialmente España, polo que consideramos que ao sector británico non lle interesa perder ese mercado e pode ser unha baza para obter concesións na negociación do Brexit”.

 

Teresa Egerique lembrou que “Galicia foi a primeira rexión que trazou unha folla de ruta”, encargando diferentes informes para avaliar as consecuencias do Brexit na pesca galega ou procurando alianzas con rexións ou estados membros na defensa de intereses comúns.

 

“Este traballo non debe quedar en van, polo que desde o PPdeG consideramos que debemos seguir traballando e analizando cal pode ser o verdadeiro alcance do Brexit en todos os ámbitos, neste caso elaborando un informe no eido da comercialización sobre as posibilidades e circunstancias que se abren en relación aos produtos pesqueiros galegos”, explicou.

Síguenos nas redes sociais