Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O PPdeG critica que En Marea intente desprestixiar a universidade galega ao tentar poñer en dúbida a súa xestión

19 Xun 2018

Santiago, 19 de xuño de 2018. O deputado popular, Martín Fernández Prado, criticou esta tarde no Parlamento que En Marea intente desprestixiar o sistema universitario galego, “poñendo en dúbida e sementando sombras sobre a súa xestión cunha iniciativa sen pés nin cabeza e que denota o seu afán de intervencionismo”. Neste senso, indicou que o que pretende realmente En Marea é “interferir na autonomía das nosas universidades e poñer en cuestión a súa transparencia”.

“É dunha gran irresponsabilidade que se tente manchar unha institución que si ten sistemas propios de control e que actúa con total e absoluta transparencia e publicidade”, incidiu Fernández Prado. Informou de que xa existe un organismo específico, a Axencia para a Calidade do Sistema Universitario, que se encarga de avaliar, certificar e acreditar as actividades desenvolvidas polas universidades galegas, especialmente, as relacionadas coa docencia, a investigación, a transferencia de coñecemento e a xestión.

 

Criticou que sexa En Marea quen poña en dúbida a transparencia da universidade galega cando, precisamente, “son os seus gobernos municipais os que abusan de outorgar contratos a dedo e sen publicidade: Gústalles falar moito de transparencia, pero cando gobernan ou non hai avances na regulación ou son os menos transparentes”. “Se de verdade hai que facer un observatorio tería que ser sobre a contratación dos gobernos das Mareas”, engadiu.

 

Para finalizar, Fernández Prado lamentou a falta de coñecemento e o deixamento do grupo de En Marea polo funcionamento das universidades galegas. “Nós si que cremos na independencia, na autonomía, no bo facer e na transparencia do Sistema Universitario Galego”, subliñou o deputado popular, que amosou a súa preocupación pola irresponsabilidade da iniciativa defendida esta tarde polo grupo parlamentario de En Marea.

Síguenos nas redes sociais