Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O Grupo Popular celebra que os socialistas admitan agora que a reforma laboral do PP foi positiva para España

19 Xun 2018

Santiago, 19 de xuño de 2018. O viceportavoz do grupo popular, Miguel Tellado, celebrou este martes que os socialistas admitan agora que a reforma laboral foi positiva para España, logo de que a nova ministra de Traballo, Magdalena Valerio, anunciase que non se derrogaría este texto. “As palabras da ministra son unha emenda á totalidade do discurso da oposición durante os últimos anos”, subliñou.

“Despois de tanto tempo dicindo que non servira de nada e só trouxera precariedade, celebro que recoñezan que a reforma laboral creou emprego, e que contribuíu definitivamente á recuperación do noso país”, insistiu. Deste xeito, manifestou que “celebro que nos dean a razón unha vez máis en que os socialistas só acertan cando rectifican”.

 

DESCENSO DO 11,5%

No mesmo sentido, o viceportavoz popular lembrou que en Galicia case 23.000 persoas abandonaron  a lista do paro no último ano, o que supón un descenso do 11,5 por cento, sendo a comunidade na que o desemprego máis  baixou no último ano.

 

En canto á contratación, apuntou que a indefinida creceu un 22,2 por cento no último ano, superando en máis de 13 puntos a subida da temporal, así como a tempo completo nun 14,6 por cento, moi por riba da contratación a tempo parcial. De feito, segundo a EPA, con datos do primeiro trimestre de 2018, 3 de cada 4 asalariados en Galicia ten un contrato indefinido.

 

Para pechar a súa intervención, Tellado lembrou a cruzada contra a industria do BNG, coa súa oposición a empresas como Elnosa, Ence, PSA, das que dependen máis de 25.000 empregos; ou sectores coma o da minería, da que dependen máis de 5.000 familias galegas. 

Síguenos nas redes sociais