Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O Parlamento solicita ao Concello de Vigo que ceda os terreos que permitan humanizar a Avenida de Castrelos e os accesos ao Hospital Álvaro Cunqueiro

14 Xun 2018

Santiago, 14 de xuño de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei a través da que se solicita ao Concello de Vigo que realice as xestións necesarias para obter os terreos municipais que permitan a humanización da Avenida de Castrelos, no treito inicial da       PO-330, de xeito que a Xunta poida executar esta actuación de mellora dos accesos ao Hospital Público Álvaro Cunqueiro.

A deputada Teresa Egerique considerou “necesaria esta actuación de humanización da Avenida Castrelos”, pero sinalou que “a maior parte da superficie na que é necesario actuar para levar a cabo a humanización que demandan os veciños é de titularidade municipal”.

 

A XUNTA QUERE INVESTIR EN VIGO

Deste xeito, Egerique sinalou que “o Concello de Vigo debe realizar as xestións necesarias para obter os terreos ao longo de toda a lonxitude do treito da PO-330, de xeito que a Xunta poida levar adiante unha obra para a que ten reservada unha partida específica nos orzamentos deste ano”.

 

“A Xunta quere investir en Vigo, pero é necesario que o Concello ceda os terreos que permitan mellorar esta estrada que da acceso ao Hospital Público Álvaro Cunqueiro”, sinalou Egerique.

 

Neste sentido, lamentou que “o alcalde de Vigo non quere facilitar a realización desta obra na PO-330 para que se melloren os accesos ao hospital”, polo que incidiu que “sinto moito polos veciños desta cidade, que teñen que acceder ao hospital por unha estrada que se atopa en moi mal estado”.

Síguenos nas redes sociais