Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O Parlamento demanda á Xunta que reabra de inmediato a base de helicópteros de Vilanova en O Barco

14 Xun 2018

Santiago, 14 de xuño de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o BNG, unha proposición non de lei a través da que se insta á Consellería do Medio Rural a que, unha vez finalizadas as xestións cos respectivos propietarios dos terreos e demais entes implicados, a efectos de declarar o seu uso exclusivo, reabra de xeito inmediato a base de helicópteros de Vilanova no Barco de Valdeorras para o seu uso nesta temporada de incendios.

Moisés Blanco explicou que “a base de Vilanova non permite un uso compartido, motivo polo que a Xunta está estudando a posibilidade de chegar a un acordo cos propietarios para acordar un uso exclusivo da pista, co obxecto de volver a traer o helicóptero ao Barco de Valdeorras”.

 

Neste sentido, lembrou que o helicóptero previsto para prestar servizo desde a base do Barco de Valdeorras, pasou a prestalo desde a base de San Xoán de Río, onde na actualidade están a operar dous helicópteros. “Deste xeito, mantívose a cobertura de todo o territorio que integra o Distrito XIII Valdeorras-Trives”, sinalou.

 

CARENCIAS A RESOLVER

Blanco apuntou que, ao inicio da tempada de incendios, a Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA) realizou unha inspección as instalacións da base aérea do Barco de Valdeorras e detectou unha serie de carencias que imposibilitaron a apertura desta base ao tráfico aéreo. “Para poder operar desde esta base sería preciso, entre outras, a corta de árbores en terreos do entorno das instalacións, o peche perimetral das instalacións, a construción dun cubeto para posibles escapes de combustible e o formigonado de parte da plataforma”, indicou.

 

Deste xeito, o deputado popular sinalou que “a Xunta está a traballar nun novo proxecto, para o que se destinarán máis de 50.000 euros, que dote a o Barco de Valdeorras dunha base aérea, que será realidade unha vez se pechen as negociacións cos propietarios dos terreos e demais entes implicados”.

Síguenos nas redes sociais