Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O Grupo Popular asegura que “imos seguir pedindo ao novo Goberno socialista as mesmas demandas que ao PP respecto da AP-9”

14 Xun 2018

Santiago, 14 de xuño de 2018.- O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, asegurou hoxe no Parlamento que, en materia da AP-9, “imos seguir pedindo ao novo Goberno socialista as mesmas demandas que facíamos ao Goberno do PP: o traspaso da titularidade desta autopista, o mantemento da Comisión Mixta Xunta-Ministerio e as súas reunións periódicas, a prestación dun servizo de calidade e a adopción de medidas ante situacións excepcionais no caso de retencións”.

Martín Fernández criticou que os grupos da oposición “pretendan impoñer á Xunta cuestións que non son da súa competencia, xa que a AP-9 é unha autopista de titularidade estatal”, polo que demandoulles que “non sigan confundido e traendo a este Parlamento demandas á Xunta sobre cuestións de competencia estatal e non autonómica”. En concreto, lembrou que “nós avogamos pola elaboración por parte do Goberno central dun estudo rigoroso sobre as alternativas ás peaxes e o rescate da actual concesión”.

 

Na súa intervención na Comisión 2ª, o portavoz popular puxo de manifesto “o cambio de actitude dos grupos da oposición respecto da AP-9, que coa chegada dos socialistas ao Goberno central dirixen unicamente as súas demandas á Xunta de Galicia, cando carece de competencias sobre esta autopista”.

 

“Nós imos seguir mantendo as nosas demandas respecto da AP-9, desde a solicitude da súa transferencia á Xunta ata a continuidade das reunións periódicas da Comisión Mixta entre o Goberno galego e o central, co obxectivo de que se cumpran todos os compromisos adquiridos anteriormente polo Goberno de Mariano Rajoy”, sinalou Fernández Prado.

Síguenos nas redes sociais