Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O Grupo Popular demanda ao Concello de A Coruña que se implique no proceso de definición das novas liñas de transporte metropolitano

14 Xun 2018

Santiago, 14 de xuño de 2018.- O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, demandou hoxe no Parlamento que o Concello de A Coruña se implique no proceso participativo que abriu a Xunta de Galicia no mes de abril para a definición das novas liñas de transporte público metropolitano, co obxectivo de que se adapten máis ás necesidades dos veciños.

Martín Fernández salientou a “importancia estrutural que ten o transporte na configuración da área metropolitana” e avogou por “partir das propostas concretas que formulen os concellos e de saber que é o que se quere facer”. Deste xeito, demandou que “o Concello de A Coruña sexa positivo por unha vez e presente propostas” para incorporar ao plan de transporte metropolitano.

 

ESPAZO DE COOPERACIÓN

Neste sentido, o portavoz de Infraestruturas lembrou que “existe un espazo de cooperación, a Comisión de Seguimento do Plan de Transporte Metropolitano de Galicia, que está a funcionar con éxito na área de A Coruña desde 2005 e se ten mellorado e ampliado en 2010 ata incorporar a 17 concellos ademais da Xunta”. “Esta comisión leva acadado melloras moi importantes no servizo de transporte, como rebaixas para os usuarios habituais, gratuidade para a xente nova ou a penetración dos autobuses interurbanos ao centro de A Coruña”, apuntou.

 

Martín Fernández Prado tamén demandou aos responsables municipais de A Coruña que “compartan o traballo elaborado pola asistencia técnica contratada polo Concello, e acheguen propostas concretas e viables en relación ás liñas de transporte no marco do proceso participativo que se abriu dentro deste Plan de Transporte Público de Galicia”.

 

“Unha vez que estean definidas as propostas e as liñas de transporte que melloren os servizos actuais, será o momento de analizar a viabilidade e eficacia da creación dun novo ente xurídico que mellor se adapte ao modelo que se adopte para o transporte por estrada urbana, periurbana e interurbana de toda a área metropolitana da Coruña”, indicou.

Síguenos nas redes sociais