Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O PPdeG avoga por un protocolo con xinecoloxía, obstetricia e anatomía patolóxica para atender ás mulleres afectadas polo anticonceptivo essure

13 Xun 2018

Santiago, 13 de xuño de 2018. A deputada do Grupo Popular Marta Rodríguez-Vispo avogou hoxe por un protocolo específico cos servizos clínicos de xinecoloxía, obstetricia e anatomía patolóxica para unha perfecta coordinación, atención e xestión de todos os casos de mulleres afectadas polo método anticonceptivo essure.

Rodríguez-Vispo lembrou que este método anticonceptivo implantouse en España en 2003 e foi considerado revolucionario para o control da natalidade polo seu prezo accesible, a facilidade de implantación nada agresiva e por non provocar alteracións químicas hormonais que puideran prexudicar a calidade de vida das mulleres.

 

Porén, en marzo de 2017 este método suspendeuse cautelarmente na Unión Europea, para pasar definitivamente a súa posterior prohibición comercial definitiva ao confirmarse que estaba a provocar problemas en determinadas mulleres.

 

“O Sergas está en contacto frecuente coa plataforma de afectadas para coñecer de primeira man as inquietudes destas mulleres co fin de coordinar todos os medios dispoñibles dentro dos servizos de xinecoloxía”, sinalou a deputada popular. Neste sentido, indicou que calquera servizo de xinecoloxía do Sergas pode atender a estas mulleres e realizar a intervención, de ser clinicamente indicada.

 

No caso de Galicia, Marta Rodríguez-Vispo cifrou en 33 os dispositivos retirados fronte aos case 1.700 implantados. Deste xeito, incidiu que na Comunidade galega “estase a contar coas afectadas para resolver o problema e os servizos sanitarios o coñecen de primeira man e están traballando para darlle a solución adecuada”.

Síguenos nas redes sociais